Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terrorismo Empresarial

miércoles, 29 de octubre de 2014
Desde o Preguntoiro: Terrorismo Empresarial


Antonte no Concello de Vilagarcía houbo un pleno que trataba sobre o ERE da empresa Lantero contra os traballadores, ameazados con 32 despidos e un recorte salarial do 30%, onde levan máis de 20 días en folga.

O debate centrouse na posición que levaba o Sr. Alcalde ao reunirse tres veces coa empresa e deixando en segundo plano aos traballadores, sen comunicar á oposición do tratado coa empresa.

O Sr Alcalde o popular Tomás Fole, non tivo máis remedio que asumir as mocións da oposición e comité de empresa e baixar a orella ante a presión social e política dos cidadáns e colectivos que apoian aos traballadores de Lantero, xa que esta semellante barbaridade do ERE, supón un ataque sen precedentes á economía de Vilagarcía e comarca.
O Sr. Fole pertence a ese partido que implantou esa reforma laboral, para pasar os obreiros a ser un número, ou sexa, eses palmeiros empresariais aplauden cando este goberno desta cousa chamada España, aproban reformas laborais onde o seu único obxectivo é manter un exército de parados e facer a metamorfoses de traballador a escravo. Se enfermas, despídente; se unha muller queda preñada, á rúa; despídente se reivindicas melloras de saúde e seguridade, se exerces os teu dereitos constitucionais; e se saes a manifestarte pacificamente na rúa, moente a paus e maltrátante e agora coa lei “mordaza” meten o medo á cidadanía.

Practican o terrorismo empresarial con sicarios e mercenarios con pistola e cans como o está a facer a empresa Lantero. O mellor exemplo destes desalmados o temos no caso de Díaz Ferrán, ex-presidente dos empresarios que reside na cadea de Soto del Real.

A avaricia e cobiza por acumular ganancias persoais é o que leva a estas empresas a despedir, non lle interesa os aspecto humano da relación laboral, ven aos traballadores como unha mercadoría máis de compra e venta.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES