Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chegan as San Lucas

sábado, 18 de octubre de 2014
Un ano máis chegan "As San Lucas ", feiras e festas moi populares e moi coñecidas en Galicia e mesmo fóra dela. "As San Lucas” celébranse en Mondoñedo desde fai moitos séculos, desde o ano 1225.

"As San Lucas" e Mondoñedo, pódese dicir, que son a mesma cousa. Falar das San Lucas é falar de Mondoñedo e falar de Mondoñedo é falar das San Lucas. Nestas feiras e festas está representado o máis enxebre de Mondoñedo.

"As San Lucas" significan movemento, cabalos, ledicia, festa, tratos... sempre quedará nos "sanluqueiros" unha lembranza de "As San Lucas".

Os días que duran "As San Lucas" son os mellores de todo o ano en Mondoñedo. Ata a nosa cidade vén moita, moita xente de vilas e pobos, veñen moitos "sanluqueiros" en obrigada romaxe. Problemas, mágoas, atrancos... todo quedará atrás. Nas San Lucas só está presente a ledicia bullangueira.

"As San Lucas" comezaron sendo feiras. Anos máis tarde foise incorporando o aspecto festeiro e hoxe en día son feiras e festas.

O día principal é o dezaoito, o día de "As San Lucas". Nese día, as estreitas rúas mindonienses son insuficientes para acoller ós "sanluqueiros”. O campo dos Remedios énchese de cabalos e poldros que, durante todo o ano, andan ceibos polos nosos montes: pola Pena da Roca, A Toxiza, O Campo de Oso, O Fiouco... Tamén hai algún mulo e algún que outro burro. Gando vacuno e lanar, pouco. Trátase fundamentalmente dunha feira de cabalos. A véspera, contra a noitiña, é moi interesante e fermoso ver la chegada dos cabalos co seu trote polas rúas.

No Campo da Feira hai moito barullo: cabalos que rinchan, xente que berra, ruídos dos camións, tratos que comezan... tratos que se pechan cun apretóns de mans... xente que se saúda... Pouco a pouco van aparecendo os cartos e van desaparecendo os cabalos que saen en camións. Antes tan para Castela para faceren traballos agrícolas. Hoxe van para carne.

O poeta mindoniense Pernas Nieto cantou así ós cabalos que veñen "As San Lucas":

Ollo como baixan
as bravías greas
ceibando relinchos
polas carrilleiras.

Ollo como brincan
e danme pena.

Tran nos craros ollos
unhas bágoas tenras
e un cacho de fraga
pra lembrar na ausenza,

Tran un medo novo
e danme pena.

Veñen prás San Lucas
e son fror da feira.
Logo, como as xentes,
irán pra outras terras.

Veñen pra sofrer
e danme pena.

Tamén ás San Lucas
veñen outras bestas:
os vellos caciques
pra cobra﷓las rendas.

Estes, abofellas,
non me dan pena.

Pero, sen dúbida, o máis enxebre son todos os postos que hai polas rúas, postos cos que Mondoñedo recobra o seu aspecto medieval. Aquí hai de todo, de xeito que o que un non atope nas San Lucas, non o vai atopar en ningures. Nestes postos hai moita bulla: feirantes que berran polos altofalantes, xente que ve... e merca. Ninguén se escapa sen mercar.

"As San Lucas" tamén son festas que teñen o seu sitio: a Alameda dos Remedios, onde todo é color e ledicia. Alí hai atraccións de todo tipo: norias, tío﷓vivo, coches eléctricos... A Alameda estes días transfórmase nun mundo máxico e cheo de luz coma o de Walt Disney.

Nestes días se ollamos a Mondoñedo desde os Paredóns, semellaranos un gran formigueiro preparándose para o inverno.

* * *

Cando estes días pasen, todo terá rematado. Todos se irán despedindo: "deica As San Lucas do ano, que vén", e Mondoñedo volverá á súa paz, ó seu silencio -só roto polas campás﷓ á súa tranquilidade, a súa vida de sempre
Villares Mouteira, Félix
Villares Mouteira, Félix


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES