Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tepedades

lunes, 30 de enero de 2006
Tepedades Docemente adicado a D. Xosé Manuel Carballo crego, escritor, ilusionista...
(10-11-05)


Axeonllado nun escano,
coa ollada pousada no chan,
un moi coitadiño vello,
sentendo o seu corazón van,

Dese estimado agarimo,
sumo custoso el de achar,
sendo un estiño varudo,
moleza para nel se apoiar,

Sinlentemente cavila,
cun percorrido ó vivido,
reflectido no maxín,
teimosamente pedido,

Desengadado da vida,
das fenosías das persoas,
matina no devalado,
sen decatarse das horas,

Fluíndo delongadamente,
sen ren se faceren notar,
no ancián no banco sentado,
nos idos tempos a lembrar,

Embebéndolle vai a chaira,
arela decote alugada,
no xa luído corazón,
sen seres ela acadada,

¡Por querer, querer quería,
unhas mans en tepedades,
para arreda-la tristura,
vagantía de piedade!,

¡Nesta agora vida miña,
tan baleira de agarimo,
no meu corazón gastado,
ignoto de doces mimos!,

¡Dunhas mans amorosiñas,
fornecidas de vontade,
sen cansaren elas nunca,
en regalaren tepedades!,

¡Cando as miñas mans choren,
como choran os meus ollos,
amornadas me suxeiten,
miñas mans en desconsolo!,

¡Por querer, querer quería,
unha man para me erguer,
se por si so non me valese,
tentando deste banco eu me erguer!,

¡Por querer, querer quería,
o que quereres eu non podo,
ó non haberes en ningures,
esa man de cerne dondo!,

¡Unha man inda sendo allea,
piadosa doutras mans fose,
achegándose amorosas,
ó vizor que de mans foise!,

¡Por querer , querer quería,
unhas mans moi solermeiras,
un estiño verdadeiro,
para miñas mans de penas!,

¡Mais, enxergo que esas mans,
moi prestas elas virán,
en moura dona sempre acesa,
de piedade toda ela van!,

¡Por querer , querer quería,
máis valese non quixese,
esa man en tepedade,
coa morneza dela dese!,

¡Non sufri-lo desengano,
na varuda teimosía,
que remosquexa na terra,
man que miña man ansía!,

¡Agora xa no devalo,
estimaría se achegase,
unha man da dona moura,
ca gadaña no levase!,

¡Vestidiña da cor lene,
con figura en beldade,
súa man me ofertase,
fornecida en lenedade!,

¡Por querer, querer quería,
a moleza dunhas mans,
mais , ben deito das lizquentes ,
fieis patiñas do meu can!,

¡E das sempre rexas vascas,
feitíos agarimosos,
de Xosé Manuel Carballo,
nos nosos gastados corpos!,

¡Ai! que vida tan belida,
entregada ela a Deus,
mais, ameizando con feitos,
nesa mestría tan de seu!,

¡Deus lle dea longa vida,
acugulada de ilusións,
para esta vida nosa,
tan escasa de fruicións!,

¡Xa é hora meu canciño,
de nos alonxar para cear,
e logo con don Xosé,
ledamente nos ameizar!,

¡ E se cadra nunca se sabe,
das súas mans recibir,
a beizón ó derradeiro,
agrume do meu existir!
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES