Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voz do silencio

jueves, 16 de octubre de 2014
Dise que en boca cerrada non entran moscas.
Tamén teño oído moitas veces que a prudencia é a nai da ciencia.
Pero a palabra “SILENCIO” é unha palabra polisémica; unha palabra que ten varios significados según o contexto no que se use:

-SILENCIO é o feito de estar calado, o feito de absterse de falar.
-“SILENCIO” tamén significa ausencia de ruído.
-“SILENCIO” é falta de comunicación.
-SILENCIO” é unha pausa musical e signo que a indica no pentagrama.
-Tamén existe o “SILLENCIO ADMINISTRATIVO” que consiste na falta de solución ou de resposta por parte da autoridade ,a unha petición, solicitude, recurso...
-Gardar “SILENCIO” significa estar calado.


Preguntarase vostede:
¿Como é que o silencio pode ter voz e incluso voto?

Intentarei explicalo según varias situacións.

-VERAMOS POR EXEMPLO NO CASO DA FAMILIA:
-O matrimonio discute por un asunto relacionado coa educación dos fillos.
-A el gústalle un determinado modelo de educación moi moderna para a súa descendencia.
-Ela considera que debía ser da outra maneira como se fixo sempre na súa casa paterna.
Ó cabo dun tempo, un deles cala porque non dá convencido á outra parte.
¿”Falou” o silencio?
Puido falar a favor ou en contra da opción máis axeitada, pero falou porque o que cala otorga.

-NUNHA DISCUSIÓN FAMILIAR SOBRE AS VACACIÓNS.
Un quere facer unha viaxe a un lugar descoñecido.
O outro quere ir á casa dos pais porque están moi anciáns e moi sós...
Non chegan a poñerse de acordo.
Un ordena e o outro cala aínda que non estea de acordo.
¿Falou o silencio?
Claro que si.
¿Triunfou a opción máis aconsellable?
Ou si ou non. Eso xa é outro cantar.
¡Cantas veces actuamos así por non botar máis leña ó lume!

-IMAXINEMOS AGORA UNHA EMPRESA NA QUE HAI QUE ELIXIR DIRECTOR e só se presenta un candidato que non agrada ó colectivo de traballadores.
Acuden á reunión para elixir director, pero non se pronuncian ante as propostas do candidato porque non lles gusta.
¿”Falou” o silencio?
Claro que “falou” e ben claro que dixo que non quería aquel candidato como director.

-FACER UN TRÁMITE PARA SOLICITAR ALGO DUNHA INSTITUCIÓN.
Por exemplo a solicitude dun local municipal para facer unha determinada actividade veciñal.
Non contestan.

¿”Falou” o silencio?
Está claro. Non prestan o citado local.

Outro tanto pasa a nivel dun país e incluso do mundo.
Todos sabemos que hai moreas e moreas de inxustizas.
A verdade é que a vida é complicada; pero moitas veces facémola nós ainda máis complicada.

Todos sabemos que moitas veces falan máis os que menos razóns teñen para facelo, pero por haches ou por bes, calamos.

Cada vez que calamos a inmensa maioría estamos permitindo que avance precisamente aquelo que estamos ocultando. Moitas veces será convinte ocultalo, pero outras.... Outras é bastante perxuducial.

¿Certo?

Entonces xa sabemos que según como, o silencio ten voz e tamén voto.

O día que maduremos para saber utiliza-lo silencio cando corresponde, e tamén a pronunciarnos cando corresponde, o mundo dará un xiro de 180 graos.

Mentres tanto seguiremos abusando do que tan só deberíamos usar racionalmente.
Usar o silencio cando hai que usalo é moi recomendable, pero abusar del cando non procede, pode acarrear serios problemas.

O seguinte artigo titularase:

“USAR NON SIGNIFICA ABUSAR”

Graciñas polas veces que utilizou o silencio por unha boa causa.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES