Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As lindes

lunes, 30 de enero de 2006
Con este título, o gran poeta Eduardo Moreiras, natural da montaña lucense de Quiroga, deu á luz un daqueles seus poemas medidos, claros, xustos, terminantes.

Co tema das lindes polo medio, veñen de xuntarse os presidentes e os membros dos seus respectivos equipos, de Galicia e Asturias, para fomentar -a través dun encontro a alto nivel- un permanente encontro en determinados asuntos que puideran ser problemáticos.

O das lindes, que non fronteiras, é un tema que se suscitou recentemente cando o B.N.G., no seu proxecto de Estatuto, mencionaba a posibilidade de que algúns concellos limítrofes puidesen, caso de desexalo, integrarse na autonomía galega. Neste aspecto non facía máis que seguir o exemplo de outros Estatutos autonómicos, pero por aquí o tema suscita suspicacias porque hai amplas zonas, especialmente de Asturias e Castela-León nas que o galego é idioma materno, e puidese ser co tempo argumento e desculpa para un achegamento definitivo destes territorios á autonomía galega.

Seguro que Vegadeo (a fin de contas "A Veiga de Ribadeo", en tempos) e Os Oscos (inmediato a Fonsagrada, e do bispado lucense) están, como recoñece Quintana, contentos da súa asturianía, cousa que ninguén discute. Pero exprésanse nun idioma que é galego, e as lindes úneos a nós máis ca separalos.

Seguro tamén que no Bierzo (Chamado de sempre "A Galicia irredenta") son leoneses de pura cepa, pero para enterarnos de que estamos en Castela hai que entrar moitos kilómetros cara os páramos.

Ben fan os políticos galegos en tranquilizar ós nosos veciños, porque cabe supor que ningunha forza política ten ansias anexionistas por uns territorios nos que sempre estivemos presentes.

Tempo ó tempo. Se os novos aires, as tendencias, a evolución fai que se supriman fronteiras transnacionais, as lindes que nos separan dos nosos iguais máis inmediatos non deben supor ningunha barreira, e o tempo e a vida se han de encargar de de evidencialo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES