Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O outro Rambo

lunes, 13 de octubre de 2014
Collóns! Así de simple, de rápido e con perdón. Pensei que non se acababa nunca o tanque de 300 litros de auga con sulfato. Foron tres horas de turrar dunha mangueira e de patear preto de 100 gabias cara arriba e cara abaixo.

Logo, para máis aquel, a viña estaba acabada de arar, polo que a dificultade para andar era de campionato. Cada vez que chegaba ao cabo dunha gabia, o meu pensamento non deixaba de ansiar a finalización do tanque, pero este non acababa de baleirarse.

Non tardou en asomar á miña cabeza a frase “no siento las piernas”, de Rambo Stallone. Eu tampouco as sentía xa, e, non obstante, aínda tiven que baleirar outro tanque máis, outros 300 litros de auga. Pero o primeiro, o primeiro fíxoseme eterno. En total, case seis horas andando sen parar, devagar, que é o que máis me mata. Así, de noite, tiven cambras nas pernas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES