Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ébola 'Protocolo' da Sra.Mato

jueves, 09 de octubre de 2014
Desde o Preguntoiro: Ébola,'Protocolo' da Sra. Mato


Segundo denuncian traballadores da sanidade, o contaxio polo ébola da enfermeira revela que o “protocolo” de seguridade era chapuceiro, soamente cun “cursillo exprés” de 15 minutos arraxaron o problema.

Lendo os xornais de Europa, dan gañas de coller as maletas e fuxir deste país botando labras. Cando onte souben esta nova, estaba abraiado, pero ao escoitar na roda de prensa a estes personaxes coa “competente” ministra Mato ao fronte, asustoume e aterrorizoume. ¿Como pode chamar á calma unha señora que xera inseguridade pola súa determinación de cargarse a sanidade pública e a súa incapacidade para o cargo?.

Un personaxe como esta ministra que segue desmantelando a sanidade pública para darlla aos amiguetes da privada, non ten credibilidade ningunha, Esta é outra mostra da incompetencia desta “tropa do demo”que nos goberna. ¿Vai ti a saber se o “protocolo” fíxollo a Virxe do Rocío?.

Gobérnannos inútiles patolóxicos, profesionais da mediocridade, do enchufismo, vendedores do sistema. Esta podremia que nos rodea, nesta tela de araña, inmensamente grande, atopámonos atrapados todos os cidadáns e dentro de pouco imos ter que facer como os trapecistas a saltar sen rede. Gobérnannos cobizosos e dogmáticos que lévannos como un rabaño de ovellas hipnotizadas ao matadoiro.

De nada lles valeu co Prestige, con o Yak 42 e o 11 M. Non aprenderon nada. Segue primando a comunicación dos medios afíns, sobre a capacidade e a responsabilidade, crendo que a boa xente do común, trágase todo o que lle boten. Coido que seguen os principios da propaganda de Joseph Goebbels, que avalan a máxima de que as masas son estúpidas.

Entre tanta pandemia da podremia nestes tres últimos anos, que sae un día si e outro tamén (a última o das “tarxetas blak”), xa tiña que estar en corentena todo o goberno.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES