Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santa Sabela

lunes, 23 de enero de 2006
Santa Sabela Santa Sabela de Outeiro,
da fermosa Terra Chá,
sentíndose moi querida,
sentirase ela na flama.

Manuel María lle canta,
Manuel María lle reza,
polo gran amor sentido,
mesmos feitíos fai Saleta.

A ermida uns anos estivo,
enfeitadiña de silvas,
de toxos, ficaba ornada,
de ermida xa nada tiña.

Tódalas árbores laiaban,
a auga pasaba tristeira,
lufadas, magoadas ían no ar,
no ceo, choraba Santa Sabela.

Coitadiño se sentía,
o poeta da Terra Chá,
vendo a ermida en felgos,
vendo pedras e máis nada.

A Santa Sabela no ceo,
o Manuel María na chaira,
pola ermida sentían teima,
e a teimosía, trocou en flama.

Regalía sente Santa Sabela,
Saleta e máis o Manuel,
búlelles no corazón,
doce albizaras coma mel.

No día da bela romaxe,
no día enfeitado de Outeiro,
entre amoreadas persoas,
uns, séntense nela nenos.

Por ollala moi fermosa,
sorrín Manuel e Saleta,
cara á ermida, maila Santa,
máis a Virxe, curmán dela.

Regalía Sabela sente,
ollando no egrexio poeta,
por profesarlle vero amor.
nas verbas da súa novena.

Quen na Terra Chá vivimos,
sentímonos todos ledos,
por ve-la ermida bramosa,
por se cumpriren os anceios.

E a auga cando pasa, pasa,
a caronciño do seu muíño,
xa non pasa ela chorando,
pasa, nun belido zunido.

As árbores son ditosas,
reloucan coa gran ledicia,
por vela ermida na brama,
por nela, se oficiaren misas.

A Santa Sabela pode,
ben pode ela sorrir e rir,
ollando no seu trobador,
con corazón lucidío.

A Santa Sabela de Outeiro,
patrona doutros lugares,
polo día do seu padroado,
afasta mágoas nos lares.

Manuel María e máis Saleta,
no día da súa romaría,
séntense moi satisfeitos,
ollando na belida ermida.

Chóscalles o ollo Sabela,
á Saleta e máis o Manuel
nese tenro aceno dilles,
moito vos quero eu tamén!

Xullo 2004
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES