Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cartos do monte para festas e churrascadas

martes, 30 de septiembre de 2014
Veño observando nos últimos tempos o destino de cartos de moitas das asociacións de montes en man común de Galiza. Non inclúo a todas porque sei dalgunha que traballa con criterio reinvestindo cartos concriterio e xenerando aínda máis riqueza no monte e nas parroquias nas que se atopan, pero noutras o destino dos beneficios resulta máis que cuestionable.

Os cartos do monte para festas e churrascadasCartos da explotación da madeira, de parques eólicos, etc. que van destinados á contratación de orquestas para festas parroquiais e churrasco ou caprichos de directivos de turno con fondos xenerados por montes comunais.

Descoñezo si existe algunha normativa que regule o destino destes cartos por parte da administración, pero de existir, resulta nefasta e mesmo inutil vendo o que hai.

Entendo que tendo no rural o patrimonio abandonado, comido polas silveiras e os toxos, os camiños intransitables e mesmo carentes de servizos sociais e educativos básicos, gastar estes cartos en verbenas e papatorias non é o máis acaído.

Sí que é xustificable o apoio a festas ou romerías de caracter cultural e etnográfico, cursos, promoción do patrimonio e investimentos na investigación e mellora do monte, pero financiar á Panorama, Olimpus, París de Noia e enchentas de churrasco e chourizo para centos de persoas non o vexo xustificado.

Cando estamos a ver dispendios politicos, corrupción, mal goberno do pùblico, o sentido común debe prevalecer por riba de calquer norma ou sin ela e nesto, tamén. O monte non é só de quén o posue ou xestiona directamente, o monte é de todos e polo tanto o seu uso e beneficios deben ser empregados con responsabilidade.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES