Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Romaxe de Crentes Galegos: “Como a un irmán che falo”

martes, 16 de septiembre de 2014
XXXVII Romaxe de Crentes Galegos: “Como a un irmán che falo”XXXVII

A impresionante carballeira de Vitre, ao pe da hermida das Virtudes, acolleu, leda e xenerosa, unha multitude de galegos achegados de todo o país, e entre todos, algunha convidada tiñamos de México.

O sol presidiu, por riba das árbores, a cerimonia, mergullanza de liturxia, teatro e comunicación de masas que cada ano, dende o 1977, xunta a miles de galegos, nos mellores escenarios naturais da Galiza.

A do 13 de setembro do 2014 semella, para mín, ser moi importante porque tivo unha nota especial: “participaban muitos rapaces novos”. A xuventude estaba para recibir-nos, con cestos de rosquillas do lugar que reenchían instantáneamente; repartindo pan e viño como símbolo do encontro relixioso e confraternizador; aledando a serán cos cantos e ritmos galegos que levavan a danzar a máis de un. Os idosos (máis idade), que había ben deles, saudaban aos coñecidos e falaban, falaban, falaban, entre bocado e bocado.

Todo era harmonía e naturalidade. Mais sabe-se que cando todo sae tan ben é porque, ademáis de contar co bo tempo e a paisaxe, houbo moitas persoas entregadas á organización.

Non coñezo a estrutura da asociación IRIMIA, principal responsável do acontecemento. Pero en Frades veu-se a actividade do home de branco, Xabier Blanco de La Salle, u home de preto Rubén Rivas, e o casi invisível Afonso Blanco Torrado, capaz de movilizar unha ducia de parroquias en pouco tempo. Son, xunto con Daniel López, Lidia Campos, Barca fillo, Lois Ferradás e outros varios aos que pido perdón por non saber citalos, a nova seiva da Romaxe, ainda que o recordo ao fundador, Chao Rego, fixo-se sentir cos berros “Chao Sí!, Chao Sí!”. Poucos quedan xa do grupo fundador dos cregos e leigos de Ferrol que moveron Coruña, Vigo e Santiago. Por alí andaban: Antón Aneiros, Manolo da Virxe da Vitoria de Vigo, Andrés Torres Queiruga, Xaquín Campo Freire, Martinho Montero e Currás de Ferrol, Guizán de Santiago; Carmela, sen Agustín que debía estar sorrindo dende o infinito; Engracia Vidal e Anisia Ferreiro, Paca Abeal e Concha Méndez de San Xoan -Ferrol, e outros que coñezo pero non recordo o nome. Votan-se en falla, pera xa non van a estar presentes máis, por exemplo, o Cura de Aguiño ou Bernardo García Cendán vate de tantos rezos e cancións.

O relevo xeneracional foi acertado, tanto na revista Irimia como nas múltiples atividades colaterais. É curioso que con contextos tan diferentes en Galiza entre os anos 1977, todavía pos-franquista, e o novo século XXI, a revista e a Romaxe sigan vivas. A revista soupo adaptar-se aos novos tempos, e comprometer-se na realidade, non só de Galiza senon de España e incluso do contexto internacional, sempre a favor dos máis desgraciados, con valentía critican e denuncian aos responsáveis. A leitura desa revistiña de 16 páxinas, pon-che ao día do máis importante que está a ocorrer.

A Romaxe é máis clásica , quizáis porque a festa que conleva non ten moitas máis variantes, fai-se o de sempre, máis non por iso os asistentes adoitan aburrir-se, nesta mesma Romaxe unha dona berraba polo marido, e él facía que non ouvía porque quería seguir a escoitar a A Quenlla.

Na festa, que é a Romaxe, o que nunca falla, nen poden fallar, son, por unha banda o medallón de Sargadelos co lema do ano, e por outra banda o grupo musical A Quenlla, que xa sentimos como da família, comentabamos mirando-os actuar , cómo será cando Mero ou Mini non estexan no escenario?. A función esencial de A Quenlla vai xunguida ao arte creativo de Manolo Regal, non sei si crego, pero sí home relixioso que sabe contar o que sinte e engaiolar
a quen o escoita.

Hai moitos detalles bos na Romaxe, a liberdade de colaborar ou non, de participar ou non, de abrazar ou non, de bailar e cantar ou non. Tamén o disfrutar coa paisaxe, e co rezo da tarde. A eso das 18 horas, recollidos os petates, parte-se para outra igrexa, nun novo paraxe. Esta vez foi na parroquia de Santa María de Mezonzo en Vilasantar, unha construción comezada no século VIII e modificada posteriormente que, ben restaurada, presenta-se como unha xoia do románico, todo un descubrimento. Dentro fixemos os cantos de oración e rematou-se coa Salve Regina en gregoriano, creación, no século X, de Pedro de Mezonzo que chegou a ser santo. A posta do sol dende o pórtico da igrexa é outra riqueza para disfrutar de ela.

Antes de rematar quero mandar unha felicitación e un agradecemento aos que tiveron a ideia de editar un pequeno libro, que recolle parte da história das Romaxes e leva incorporado un CD cos cantos orixinais interpretados por A Quenlla. Así informan e inmortalizan para o futuro, esta festa tan orixinal.

O ramo entregou-se aos viciños da parroquia de Pedro de Rodas, que desde xa, teñen que poñer-se a traballar para preparar a festa do ano 2015. Ogallá podamos ver tantos rapaces ou máis que no 2014, ogallá tamén, que os idosos vivan todos para reencontrar-nos, e que os asistentes sintamo-nos como unha tribo xitana, todos irmáns, ou polo menos, primos. Adiante¡.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES