Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feira do libro en Foz

martes, 02 de septiembre de 2014
Martín Fernández Vizoso, escritor e xornalista, ven de pronunciar o Pregón da Feira do libro en Foz. Velaquí as súas palabras:


Alcalde, autoridades, queridos Antonio Fernández Maira e Suso Fernández, señoras e señores:

Un vello proverbio árabe dí que toda persona tén que facer tres cousas na vida: ter un fillo, plantar un arbre e escribir un libro.
Pero alguén _sin dúbida alguén que coas súas moitas leituras desenvolveu un gran sentido crítico que non lle deixa comulgar con rodas de muiño_ axiña precisou:
- Eso é fácil, calquera pode ter un fillo, plantar un arbre e escribir un libro. O díficil é educar ao fillo, regar a planta e atopar lectores para o libro.

Esa é a cuestión: atopar lectores para o libro.
E esa é a función e o obxectivo da Feira do Libro de Foz. Tratar de conseguir lectores, que os libros saian á rúa, que os libros se atopen e dialoguen con quénes os leemos.

Porque hai que decir que, dos diversos instrumentos que o home inventou ao longo da Historia, o máis asombroso é, sin dúbida, o libro. Os demáis, según Borges, son simples extensións do seu corpo.

O microscopio, o telescopio, a televisión son extensións da súa vista. O teléfono, os discos, son extensións da súa voz. O arado, a espada, Internet, extensións do seu brazo, da súa mán. A roda, os coches, os barcos extensións do seu pé...
Pero o libro é outra cousa. O libro é a extensión da súa memoria e da súa imaxinación.

Un libro é maxia, luz, aire, vida. E leelo supón abrir ventás, abrir os ollos, as mentes, o baúl esquencido das lembranzas... Por eso, cando unha libraría pecha, cando non lemos un libro, somos menos libres, máis pailáns, máis débiles e máis manipulables. É como se pechasemos unha ventá pola que non volve a entrar a luz.

Porque un libro, queridos amigos, é como un amigo: non se trata de ter moitos nin moi curiosos, senón poucos e ben coñecidos. A súa lectura significa para a mente, e para a intelixencia, o mesmo que o exercicio para o músculo ou para o corpo humano. Leer é un alimento no que o seu proveito non está na proporción do que se come, senón do que se dixiere.

Hoxe, a pesar dos riscos e da competencia de Internet ou das Redes Sociais, o libro sigue a ser un imprescindible vehículo de cultura.

A crise de hoxe é unha crise económica pero tamén unha crise moral e de valores. E a cultura aparece, bríndase, como o posible remo de salvación neste gran naufraxio colectivo porque aporta coñecementos, sosego e serenidade para entender o mundo que nos rodea. Para comprender estes tempos tan complexos onde nada voltará a ser igual do que foi.

Leer un libro fainos mellores personas, préstanos os segredos de toda civilización, abre cerebros e corazóns, cambia vidas, constrúe mentalidades, acolle dúbidas e ofrece camiños e respostas ou, tal vez, ainda máis incertidumes das que antes de volver as súas páxinas xa tiñamos.

En todo caso, leer un libro estimula a pensar, a imaxinar, a reflexionar, a formarse unha opinión propia e a non creerse nin repetir, como loros irracionais, mantras, dogmas, consignas, argumentarios ou vivas e mueras prefixados... Leer un libro desperta, revitaliza, enriquece. E non adormece, como a menudo fan determinados programas de radio ou televisión....

Eu -que, como alguén dixo, son un ateo profundamente cristiano- teño unha única certeza, unha única espranza: a da Cultura no que supón de coñecemento, de investigación e de capacidade de emprendemento, para afrontar estes tempos convulsos. Creo, como din os americanos, que a Cultura e a Educación son o único capital non suxeito a quebra. O único capital que nunca da en quebra...

Por eso hoxe, máis que nunca, debemos apoiar á Cultura e, en particular, ao sector do libro. Un sector que, coma tantos outros, enfrentase non só ao colapso económico senón que tén inimigos propios: os monstruos sin cabeza do cambio entre o artesanal, o analóxico e o dixital; os corsarios da descarada piratería ainda pouco combatida; a caída do consumo cultural; a disminución das axudas ás familias para a compra de libros de texto; ou a competencia dun ocio que busca falsas pedras filosofales na Rede ou no estalido da banalización audiovisual _gratis total_ nas casas e nos fogares....

Debemos apoiar ao sector do libro con forza e con optimismo. De Apocalipsis, nada. De fin do libro, nada de nada.

Sobre todo, mentras haxa xentes, editores, libreiros, escritores, críticos e distribuidores que fagan seguir medrando ao sector do libro e que non se resignen a que a nosa sociedade, o noso país, se convirta nun contenedor de lixo, nunha España de charanga, pandereta e Sálvame de Luxe. Nun país no que moitos perden o tempo en Twiter, Facebook ou xogando ao Apalabrados onde antes o gañaban lendo xornais, libros, publicacións... Nun país onde moitos se embrutecen onde antes se enriquecían e se facían máis cultos para ser máis libres, para ter opinión propia, para pensar por sí mesmos, para fuxir das moitas rodas de muiño coas que, dende diversos ámbetos, nos queren facer comulgar...

Reivindico, pois, o soporte papel e a presencia do libro e da Cultura. Demando a necesidade de replantexarse a dixitalización escolar. Aplaudo a pioneira medida en Galicia do Concello de Foz para pedir a derogación do decreto do préstamo que ameaza a moitas bibliotecas públicas galegas. E abogo pola convivencia do libro dixital e do libro físico, en soporte papel. Pois non é igual, nin tén o mesmo valor, un libro que a Rede, o físico que o virtual.

Por todo esto, animo a todos a leer libros, a mercar libros. Libros de todo tipo e condición. Porque o libro é un sector estratéxico non só en termos económicos senón tamén, e sobre todo, no ámbeto da libertade e da convivencia cidadán.

Aos turistas e visitantes dígolles que, como escribeu Pessoa, o mellor xeito de viaxar é sentir. E aos focenses e mariñáns dígolles tamén que, como dí unha vella canción arxentina, .
Por eso a todos invito a que compren e lean tamén aos autores da Mariña. Novelas de Luisa Castro, Ramón Pernas ou Moncho Reimunde; poesías de Eva Moreda, Sabela González ou Paco Rivas; estudios históricos de Antón Meilán, Carlos Nuevo, Lourenzo Fernández Prieto ou Chemi Lombardero; obras de teatro de Manuel Lourenzo e Miguel Sande; reportaxes de Javier Rivera en El Progreso, José Alonso en La Voz de Galicia ou Beni Mántaras e Carme Cruzado no libro sobre as Catedrais; cómics de Kike J. Díaz; os ensaios e publicacións de José María Leal Bóveda, de Xosé Ruiz Leivas ou de Suso Fernández.

A través deles conocerán máis e mellor a nosa comarca e poderán contemplar o mundo con ollos da Mariña. E sentirán o placer e a emoción de descubrir aspectos e novidades dela como este poema de Sarah Lorenzana _co que remato este pregón xa demasiado largo e pesado, polo que pido disculpas_ sobre esa maravilla enciclopédica que é a Catedral de San Martín de Mondoñedo. Un poema que descubrín no número 130 do semanario Follas Novas, da Habana, onde foi publicado o 26 de novembro de 1899 _fai 115 anos_ e que din a conocer con motivo doutro pregón da Festa do Carme de San Martiño do 2004. O poema dí así:

«Como una flor desprendida/ de aquel ameno jardín/ junto a la costa escondida/ se halla, risueña y erguida,/ la aldea de San Martín.// Rutilante, pura estrella/ Edén que soñó el mortal;/ ¡quizá por verla tan bella/ la eligió un Obispo a ella/ para silla episcopal!
Admirable monumento/ en donde tienen asiento/ las grandezas que pregona.../ ¡Tiene la fe por cimiento/ la inspiración por corona!.// Es eterno centinela/ que mudo y austero vela/ por la virtud y el fervor;/ es de la alegre aldehuela/ el orgullo y el amor.
Es un libro...Y en sus muros/ con caracteres oscuros/ acaso tenga grabados/ los misterios ya pasados/ y los secretos futuros.// Eres, iglesia vetusta,/ el más sublime remedo/ de la majestad augusta./ Mole altanera y robusta.../ ¡San Martín de Mondoñedo!».

Todo, pois, queridos amigos, está nos libros. Incluso este poema sobre ese libro aberto que é San Martín de Mondoñedo. Animo, pois, a que o comproben por sí mesmos nos libros e nesta maravillosa Feira do Libro de Foz.
Fernández Vizoso, Martín
Fernández Vizoso, Martín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES