Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (24)

miércoles, 03 de septiembre de 2014
Que mala foi a tuberculose


Despois da guerra civil, apareceu esa terrible enfermidade que non tiña cura, a tuberculose. Recordo a Purita da Taberna, unha nena moi guapa. Os avós tiñan taberna; ela vestía moi ben. Cando viña o outono, sempre lle compraban zapatillas de abrigo de color. Un ano, azul; outro
encarnado; tiñan unha pulseira cun botón polo lado; a min gustábanme moito. Eu nunca tiven unhas así.

Aquela nena foi medrando. Era unha rapaza preciosa. Tiña o seu mozo. Paseaban pola carreteira. Daba gusto velos. Pero, a ela morreulle a nai moi xove. Tamén un irmán, desa enfermidade que non tiña cura. A ela tamén lla contaxiaron. O mozo quixo casarse igual. Sabía que pouco duraría. El era funcionario. Estaba destinado en Ordes. Pouco tempo viviu con el. Veu para a súa casa pasar os últimos días. Coidouna Majita, unha tía política, que estaba casada na casa. O marido, sempre que podía, estaba ao seu lado.

Tamén morrera Elisa de Freire, de vinte e catro anos, Fortina do Regueiro. Máis tarde, Luís de Carmen de Maceira, e moitos máis. Non había remedio para esa enfermidade. Logo, veu a penicilina, que salvou a moita xente. Que triste debe ser morrer tan novo e deixar todos os proxectos da vida sen facer!

Ben, penso que nunca nos agrada a morte, pois a vida pasa moi rápido, e sempre temos algo pendiente.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES