Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mensaxes con impacto

jueves, 28 de agosto de 2014
Ninguén pon en dúbida que ó longo dun día recibimos infinidade de mensaxes.

Mensaxes de todo tipo:
- Unhas rogan, outras ordenan.
-Unhas cariñosas, outras non tanto.
-Unhas importantes outras sen importancia.
-Unhas que enviamos, outras que recibimos.
-Unhas procedentes , outras improcedentes.
-Unhas que escoitamos, outras que ignoramos.
-Unhas con linguaxe verbal, outras con linguaxe corporal.
-Unhas que compartimos, outras que rexeitamaos.
-Unhas que chegan ata o fondo da alma e outras que rebotan.
-Outras… Infinidade ….De tódalas cores, clases e e tamaños…

Hai mensaxes que impactan de tal maneira que deixan una profunda pegada no noso corazón.
-Porque nos axudan a vivir.
-Porque son bálsamo para a nosa alma.
-Poque son licor para o noso corazón.
-Porque son una excelente medicina para a nosa saúde emocional e para o noso benestar.
Son as que precisamos porque nos fan sentir moi a gusto coas persoas que nolas envían. Tamén somos nós quen as enviamos de vez en cando porque do noso corazón tamén brota bondade e cariño.

Xeralmente a relación é recíproca.

Deste estilo adoitan ser as relacións paterno e materno filiais.
Tamén son así as das persoas namoradas porque entre elas flúe una química moi especial.

Outras veces danse por razón profesionais:
-Os profesionais da medicina cos seus pacientes para erguerlles os ánimos.
-Os profesionais do ensino cos seus alumnos para estimulalos.
-Os comerciantes cos seus clientes para levar a cabo a venda.
A min persoalmente cando me impactan é cando saen espontáneamente do corazón de quen as envía sen ningún interese creado de por medio, cando brotan como foito da relación entre persoas.
Por exemplo no caso das amistades.
As amistades teñen maxia: a maxia do entendemento, da comprensión, do cariño, da entrega, da axuda mutua…
Non sabería explicar como pero eu experiemnto un enorme agradecemento cara ás persoas que me teñen un especial aprecio sen ningún motivo especial.
¿A vostede non lle pasa algo así?
Son como adiviñas que ven máis aló das apariencias, profundizando no ser interno.

Nun mundo inmensamente materializado, nun mundo no que se vive das apariencias e do ter por encima do ser; eso non deixa de ser noticia impactante e digna de agradecer.

Estes días estou recibindo una morea de mensaxes deste estilo que quixen compartir con vostede, porque vostede seguro que tamén as recibe e moitas. Deste xeito compartiremos experiencias positivas e colaboraremos a crear enerxía revitalizante para todos cantos nos rodean.

Pasando uns días de visita por outras terras, recibo mensaxes así:
-“Ou temos que morrer todos ou a ti nunca che faltará compañía entre nós”

Percibir como esta frase saía –sen máis nin máis- sincera e profunda da alma de quen a pronunciaba, a min chegoume ó fondo da alma.

Seguro que vostede se encontrou nestas cisrcunstancias máis dunha vez e sabe o que se sente.
¿Cómo se lle chama a esas persoas que nin son parentes nin che deben nada?
Eu chámolles: “AMIGAS”.
¿Canto vale una persoa amiga?
Sinceramente: “non hai cartos no mundo que a paguen”
Noutro caso en compañía dunha persoa de reciente incorporación á miña vida, charlando sobre certos temas profundos a nivel familiar durante varios días consecutivos, dime sen máis nin máis:
“¡Ti es a miña irmá maior!”
(Conste que lle levo nada máis nin nada menos que 19 primaveras)

Cando esta mensaxe traspasou os meus tímpanos, sentín como algo dentro de min se estremecía: “una irmá maior filla de diferentes pais”
¿Cómo pode se eso?

A resposta que eu lle dou a esto é a maxia de comunicación e do entendemento entre persoas.
Cando esto se produce, comprobas que a comunicación coas portas do corazón abertas, é posible e produce bos froitos.
¿E como se lles chama a aquelas persoas que che entregan a chave da súa casa e che din:
“Ti mesma, estás na túa casa”
¿E cando se privan dunha parte da súa casa para para que ti a disfrutes tanto como a necesites?
Nin que dicir ten que me sinto enormemente cómoda como se da miña cas se tratara.
E como te sentes cando despois dunha celebración, alguén che pregunta:
¿Sentícheste ben acompañada? –ó mesmo tempo que che dirixen una mirada cargada de moita dozura.
Pois a verdade é que eu síntome privilexiada e pensó noutras moitas persoas que non o son.

É ben certo que hai amigos que son máis que moitos parentes.
Estas son as persoas que fan a vida agradable: una xoia de incalculable valor.
Haber, hainas.
Dou fe desto.
Con persoas así dá gusto estar.
Eu quero ser como elas.
Quero que cando alguén me visite poida dicirlle:
-“Ou temos que morrer todos, ou a ti non che ha de fatar compañía entre nós”
-“¡Ti é-la miña irmá maior!” “¡Ti é-lo meu irmán maior!”
-”¡Ti mesmo, esta é a túa casa!” “¡Ti mesma, esta é a túa casa!”
-¿Sentícheste ben acompañada?
¿Sentícheste ben acomañado nesta celebración?

E tamén quero felicitar a tódalas persoas de bo corazón.
Elas son as que fan este mundo habitable.
Elas merecen o mellor.
Vostede tamén merece o mellor.
¡Que nunca lle falte!
Graciñas.
O seguinte artigo titularase:
“A DISFRUTAR DO CAMBIO”

Graciñas por terme na súa consideración, nesta ocasión.
Persoas como vostede son as que me animan a escribir.
Grazas, outras vez.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES