Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Lorenzo, San Lorenzo

miércoles, 20 de agosto de 2014
Era o ano 1943. Os armadores Balbino López Rodríguez, focense, consignatario de buques e os mindonienses irmáns Lorenzo (Fortunato) construen un cargueiro nos asteleiros Gondán, de Figueiras, ó que bautizan como San Lorenzo de Foz. Equipado nuns talleres da ría de Vigo chega o día da súa entrada no porto de Foz, onde ten a base. E aquí, ó enfilar a entrada á ría, na fatídica barra, o barco toca fondo; fai un xiro por mor do vento reinante, o maquinista da atrás, e o San Lorenzo entra de popa, feito que inspira a Matías Calvo estes versos: “San Lorenzo, San Lorenzo / que en barco te convertiste / cuando entraste en este puerto / el culo al pueblo le diste”.

O Café de Amalio , na praza, era lugar entrañable ó que a cotío acudía un grupo de mozos amantes da cultura e interesados pola política. Pola natureza dos temas era tamén coñecido por O Parnaso. Matías, asiduo naquelas xuntanzas, era considerado o seu poeta oficial, e sometida a súa obra ó análise crítico dos parnasianos, que puntuaban polo miúdo os valores que conforman a producción poética entre os que se atopa a pulcritude e a beleza da linguaxe. Malparadas saíronlle a Matías as estrofas da entrada do San Lorenzo no porto focego, pois os críticos reprocharon ó bardo a utilización en poética de tan sublime numen de vocábulo tan pouco pudoroso, e mesmo soez e malsonante, coma “culo”.

Cando o autor foi advertido polos críticos recoñeceu a gravidade do feito e pretendeu trocala pola de popa, que non ten connotacións groseiras, é de grata sonoridade e, por derriba, mais mariñeira. Os inflexibles xuices non aceptaron a enmenda pois o dano xa estaba consumado, dado que os versos circulaban xa de boca en boca para escarnio do colectivo parnasiano, tan celoso do bó decir, e polo tanto da estética da linguaxe.

O veredicto, firme e inapelable, foi traumático: “que autor e obra fosen a parar ós fondos do averno poético, sen redención posible”.
´Matías arrastrou por moito tempo o estigma da culpabilidade e a mágoa do fracaso, e a anécdota pervive aínda na memoria popular.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES