Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Panxoliña ó neno

viernes, 30 de diciembre de 2005
Panxolia  neno Céleres rechouchiando,
voan paxariños ledos,
ameizando nos momentos,
dos corazóns malpocados.

Azándoos para esa data,
que se nos ven achegando,
paseniño reverberando,
clarenza en infausta estada.

I
As andoriñas marcharon,
deixando no feito niño,
picuíñas ó Rei Meniño,
roladas nas que avezaron.

Deixaron o rechouchío,
acubillado no vento,
deica ó Santo Momento,
goríndoos do resío.

Ben rexos lles sexan dados,
do vento ó Rei Meniño,
para ameniza-lo un tempiño,
sorrisos irlle arrincando.

II
Toda flor vaise mirrando,
no devalo esparexendo,
fragancia do seu recendo,
vaino entre o chan agochado.

Para cando naza o Neno,
meniño sexa aledado,
co recendo gabexando,
nas tepedades do inverno.

III
Todo chan fica enfeitado,
de mestas follas seiroxas,
o pouquiño de olorosas,
llo van ó ar espallando.

Cun desexo devalando,
ó derredor do Meniño,
apouse o ar o cariño,
da natura regalado.

IV
Toda cousa vai acollendo,
nesa fragancia seiroxa,
na data máis amorosa,
posarlla ó Neno nos dedos.

Cal xoguetes coruscados,
caraveliños no vento,
bafos ó Meniño alento,
co da burra mesturados.

V
Vagariño vai trocando,
as paraxes da natura,
por esa data en dozura,
vagaceiras se achegando.

Doce data que ilumina,
cernes en escuridade,
forxando felicidade,
nesa Fulxencia Divina.

VI
En cada persoa da terra,
brilará unha estreliña,
clarenza pequerrechiña,
co Neno á todos xera

Nesa data agarimosa,
cantaremos panxoliñas,
coa alma leda ou prosiña,
cara ó Neno fervorosa.

VII
Cantaremos-lle unidos,
en cada recuncho da terra,
Ó Neno que ben quixera,
de amor a terra florindo,

Unidos lle cantaremos,
panxoliñas ó Meniño
nese cantar con cariño,
seres idos lembraremos.

Lembrados, sempre queridos,
cantando connosco no ceo,
a caronciño do Pai Deus,
Divindades e anxeliños.
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES