Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Escribir es vivir', o Santander literario de Sampedro

jueves, 29 de diciembre de 2005
(I)
Coa recente saída ao mercado da última obra de José Luis Sampedro, Escribir es vivir, volve á miña memoria o verán do 2003 na capital cántabra de Santander. Xa noutras ocasións falei neste anaco de xornal da persoa de José Luis Sampedro, a quen tiven o gusto de coñecer cando na Universidade Internacional Menéndez Pelayo abría o ciclo de cursos maxistrais “El autor y su obra”. Ao saír da cidade quedaban no maxín os recordos inolvidables de días de aprendizaxe, aventura e coñecemento doutra parte da vida, da nosa razón de ser.

Naquel curso de verán que hoxe se recolle en forma de libro ademais de pinceladas literarias José Luis Sampedro, ensinounos aos sistentes a amar a vida con máis forza, nun momento vital do escritor extremadamente delicado, alegando que “No he venido aquí a hacer retórica, ni poética, ni literatura. he venido aquí a VIVIR, a vivir cuando se me está acabando la vida y, por lo tanto, a disfrutarla más” (p. 56). E sentindo á morte próxima aseguraba non terlle medo, ao ser o elemento que completa o ciclo da vida, insistindo en que “lo que da fuerza a la vida es saber que se acaba”.

O escritor e académico volvía a Santander para “iluminar”, que non “deslumbrar”, como ben diferenciou, ao público reunido na sala Reina Victoria coa ansia de aprender da súa man narradora. Ese seminario, presentado baixo o epígrafe de “Escribir es vivir” adquiría maior relevancia tendo en conta as palabras de Sampedro cando dixo que os que alí estabamos eramos uns privilexiados, aos que nos adica o libro así titulado, posto que probablemente non volvería dar un curso maxistral el só, senón que se se daba o caso de participar en novos encontros destas características faríao cunha conferencia, pero non levando el todo o peso das clases, alegando estar xa moi maior. Sampedro definíase durante aquel seminario coma un “aprendiz de todo y maestro de nada”, dicindo así que sempre trataba de “descubrirme para descubrir a otros y encontrarnos todos, para vivir más”.

Como apuntamentos no recordo e no caderno quedan as palabras de Sampedro que hoxe vexo de novo sobre as páxinas impresas do seu último libro, concebido a modo de autobiografía, pero escrito pola súa parella, que fixo de axudante de cátedra. Sampedro confesa que emprega a súa propia vida para escribir, non sendo posible diferenciar entre a vida e a obra dun autor sinceiro que o que intenta é “provocar” ao lector, en troques de adoutrinalo. Para el a única razón para escribir literatura é non poder evitalo, ter a escritura coma unha necesidade vital, polo que el mesmo continúa con esa tarefa, levantándose de madrugada e que o levou a ser coñecido por obras coma as xa citadas, ademais de ‘El caballo desnudo’ e ‘La vieja sirena’, entre outras, posto que, como apunta, “ni el éxito ni el dinero me compensaron nunca el esfuerzo de escribir”, ao que engade que “se escribe con la pasión y no con la inteligencia”. A súa explicación está en que sentir é anterior a pensar, seguindo un impulso inexplicable.

Nacido na Barcelona do ano 1917, José Luis Sampedro é testemuña de todo un século que pasou diante dos seus ollo, rematando a súa primeira novela con vinte anos, e sen recoñecemento literario ata a década dos oitenta. O economista que foi subdirector do Banco Exterior de España é tamén membro da RAE, nacendo a súa vocación literaria cando se deu conta de que “uno puede construirse su propio mundo, que, por supuesto, no tiene nada que ver con el de los demás (…) mi verdad no es mejor que la del otro”. Ademais de falar sobre as súas obras para os que asistimos ao curso, José Luis Sampedro foi o centro de atención nunha das xornadas dos chamados “Martes Literarios” desa semana de verán en Santander, celebrados no Paraninfo da Residencia construida en 1914 como “Caballerizas Reales” para explicar as claves para entender algunhas das súas novelas e firmar exemplares das mesmas.

Coa lectura do libro, escrito coa colaboración da súa muller, Olga Lucas, revivo, como ao ver as imaxes fotográficas arquivadas no álbume daquel verán, as xornadas no Palacio da Magdalena, no que fixemos vida e camiñamos pola literatura. Grazas por esa semana e a dedicatoria que nos brindas “Al centenar de asistentes al curso y oyentes infiltrados, estimulantes compañeros en la aventura”.

(II)
Continúo coa reflexión acerca do último libro de José Luis Sampedro, que recolle a que foi unha semana de aprendizaxe da obra do académico entre os días 21 e 25 de xullo de 2003, no seo do chamado ‘Palacio de la Magdalena’ na cidade de Santander. O autor de libros de grande importancia nos nosos días, do tipo de El río que nos lleva, Octubre, octubre, Congreso en Estocolmo, El amante lesbiano, Mar de fondo, La sonrisa etrusca, Real sitio, etc... volvía á cidade onde tivera o seu primeiro destino nos anos da Segunda República, onde vira a luz a revista literaria Uno no ano trinta e seis, e onde dera a súa primeira conferencia fai máis de medio século. Pero esta vez cun propósito un chisco diferente, levar o timón nunha navegación a través da súa vida e obra, tendo a honra de inauguarao ciclo de ‘El autor y su obra’ que este verán reuniu a nomes como José Luis García Berlanga e Ana Diosdado.

Ao longo do libro observamos en varios momentos a motivación de Sampedro de que “entremos más adentro en la espesura”, no interior de un mesmo, na “maraña” que hai dentro de cada un de nós, facéndoo sen medo porque dentro hai de todo, en cada un de nós di que está “el santo y también el asesino. En potencia está todo, lo que ocurre es que cada uno desarrolla más un aspecto que otro” (p. 114).

Consciente de que antes que o pensamento está o sentimento (‘pienso, luego existo’, di el) confesa que como escritor, persigue a emoción do lector moito máis que a admiración, ao tempo que asegura “dejarse traspasar por la realidad circundante, esto es, hacer la esponja, es muy útil para escribir”. Define o escritor coma un albanel da linguaxe, xa que “nuestros labrillos son las palabras”, facendo que do xogo lingüístico un verdadeiro prodixio. Este é para Sampedro un dos encantos da literatura: “uno lo puede hacer mejor o peor, pero el juego es divertidísmo, como los malabarismos del prestidigitador” (p. 122).

Remata en 1940, en Melilla, a súa novela La estatua de Adolfo Espejo, coa que inicia a súa andaina “más adentro en la espsura”, o seu soño de Aranjuez, o de convertirse nun bo escritor de segunda, como di o autor. O libro non se publicou ata o ano 94, vendo primeiro publicada a novela que escribiu en terceiro lugar, Congreso en Estocolmo, escrita despois de La sombra de los días, o que lle confire a seguinte afirmación “pensaba y sigo pensando que la primera aparición pública del escritor tiene que ser con algo consistente y no con palotes, las prácticas propias de todo proceso de aprendizaje”. Pero xa nas súas primeiras obras están os grandes temas da creación de Sampedro, como son o tempo, a vida, a morte o amor e a dignidade.

Nega validez á extendida expresión de “el tiempo es oro”, á que contrapón a idea de que “el tiempo no es oro, el tiempo es vida. Cuando yo me muera, se acabó mi tiempo (…) y reducir el tiempo a dinero, es reducir la vida a dinero”. Neste sentido, para Sampedro as palabras que mellor recollen a diferenza entre economía e sociedade de mercado son as de Antonio Machado, “cualquier necio confunde valor y precio”, sendo totalmente diferentes.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES