Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Chafallas e Galopíns

viernes, 25 de julio de 2014
Desde o Preguntoiro: Os Chafallas e Galopíns


Tanto os medios informativos como o goberno sempre está a falar da crise. ¿Pero que que crise?. Isto é unha estafa á xente do común por parte dos cobizosos “patrioteiros de postal” deste país apodrecido.
Xa temos outra estafa preparada por este goberno que nos leva ao precipicio. Estou a falar da venta do Banco de Catalunya ao BBVA. Imos por partes: ou sexa, segue a estafa. 13.000 millón de euros que foi rescatado o banco catalán e agora o vende o goberno por 1.100 millóns de euros. Un bo negocio para os amigos, 11.900 mil millóns a fondo perdido que pagamos todos.

Vaia tropa de estafadores. Que maneira de trincar diñeiro público (do pobo) e repartirse o botín, ao mesmo tempo que reparten a miseria e desesperación para o cidadán de a pé. E todo coa bendición de un desgoberno que xa fai tempo perdeu o norte e que seguen facendo da lexislación vixente do artigo 135 da Constitución (artigo prostituído polo PSOE e PP) unha estafa continuada que deriva na ruína absoluta e o subdesenrolo de todo este país.

Regalando diñeiro aos amigos ¡viva la Pepa! e o peto das pensións baixando a niveis insospeitados, onde tiveron que coller máis de 500 millóns de euros para cubrir as pensións de xullo máis a extraordinaria.
Todo isto pon a calquera con dous dedos de fronte de moita mala leite, cando din que o estado xa da por perdidos estes 11.900 millóns, cando seguen recortaron en sanidade e ensino.

Xa están ben de tanto mangoneo destes asaltadores de trens, carteiras, mangantes e manipuladores.

O máis triste de todo isto é que aínda temos un 20 por cento dos votantes deste descerebrado país que vai darlles o voto a estes badallocas. Século XXI cambalache, que mágoa.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES