Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ven en tren

jueves, 29 de diciembre de 2005
Nos anos nos que aínda se creía que era posible que este país tivese unha correcta comunicación aproveitando as vías férreas, houbo unha campaña publicitaria co slogan de "Papa, ven en tren", que calou moi fondo e deixou ese pouso, similar ó das "matildes" telefónicas ou o de "pruebe, compare... y si encuentra algo mejor, ¡cómprelo!".

Daquela aínda se coidaba que o transporte por ferrocarril podía da-la batalla con éxito ó transporte aéreo e por estrada. Visto está que non, por moi diversos motivos, entre os que están a inmediatez, a accesibilidade, e a dinamización que tanto a estrada como o aire experimentaron á efectos de emprender unha viaxe.

De pouco lle vale ó tren se-lo medio máis seguro, a efectos estatísticos, en canto a accidentados por viaxeiros transportados. E calquera problema que o tren rexistra, magnifícase inmediatamente, xa sexa por intereses mediáticos xa, simplemente, porque chove sobre mollado.

Os catrocentos pasaxeiros que o pasado fin de semana pasaron varias horas, de noite, sen luz nin calefacción, no páramo leonés, a dous graos baixo cero, son a peor publicidade navideña que puido buscarse a Renfe. E a devolución do precio do billete como mínima compensación, non chega a nada, non vale para nada. Porque poucas accións poderían compensar o desamparo, o abandono sufrido polos viaxeiros.

O Presidente da Compañía achaca o mal estado dos trenes ó anterior goberno, e dí que só pode presentar disculpas, cando as disculpas pódeas dar o xefe de tren, ou calquera dos traballadores que viaxaban no convoi. Un Presidente dunha compañía nacional debe poder facer algo máis que pedir disculpas; como mínimo, quédalle a posibilidade de presenta-la súa dimisión se non ten máis argumentos da súa parte.

A ninguén que dispoña doutros medios se lle ocorre hoxe ir en tren. Cando é o medio máis seguro, posiblemente máis barato, e con posibilidades de ser o máis cómodo e válido viaxando de noite para de día traballar na cidade de destino.

Accidentes coma este, afortunadamente sen danos persoais, axudan moi pouco á dignificación dun medio de transporte ó que se está deixando morrer, e do que Galicia tanto podería beneficiarse
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES