Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Disfrutando das alegrías da vida

jueves, 24 de julio de 2014
Hai quen di que a vida é un val de bágoas, pero aínda así cando a ve en perigo intenta por tódolos medios poñerse a salvo e remata dicindo que a vida é sagrada.

A vida, ademais de ser sagrada tamén ten moitísimas alegrías; moitas delas pasan desapercibidas porque temos e mente chea de cousas e ocupacións que nos impiden ver e disfrutar das alegrías cotiás.

Sabemos valoralas cando estamos a piques de perder non só as alegrías senón a vida mesma.

Contábame una amiga enferma de mil enfermedades incurables que despois de tanto padecer (leva varios anos con varios cancros por diferentes órganos do seu corpiño) está aprendendo a vivir.

Así me dixo:
“Estou aprendendo a vivir”(Leva máis de cincuenta anos vivindo e aínda está aprendendo agora a vivir…)
“Cando me pasan estas cousas por algo serᔠ(E párase a reflexionar…)
“Quizais sexa o momento de dar un cambio na miña vida” (Fai outra pausa…)
Esta muller é para min una auténtica caixa de sorpresas, un mancial de sabedoría.
Escoitar estas reflexións da boca dunha muller que leva varios anos cun pé aquí e outro alá, ou case cos dous alá; non deixa de sorprender.
Levo varios anos encontrándome con ela nunha praia. Sempre en extremo grao de gravidade. Cando sae da praia xírase cara o mar e di:
“Mañá quero volver”
“Non quero morrer”
Ela sabe mellor que ninguén valorar a alegría de ve-lo mar, toma-lo sol, falar coas amistades, poder disfrutar da paisaxe, das persoas, da auga do mar, da familia, de todo.

A vida ensinoulle a relativizar absolutamente todo menos o feito de vivir, aínda que a súa vida estea chea de sufrimento, dor, efermdade, penuria… e o seu corpo cheo de cicatrices de multitude de intervencións cirúrxicas porque lle estirparon tumores do estómago, do fígado, do pulmón, do intestino…de case todo o corpo.

Non lle digo esto para que se poña triste, dígollo porque sei que vostede é unha persoa sensata e reflexiva e sabe valorar as pequenas alegrías da vida de cada día:

A alegría de ve-la luz do día despois dunha noite de sono profundo. Unha posta de sol ó remata-la xornada... Oír o correr da auga por un regato, por una fonte…

¿Pensou alguna vez naquelas persoas que están cegas e non poden disfrutar de semellante maravilla?

A alegría de poder comunicarse coas pesoas, cos animais, coa natureza, cos de cerca, cos de lonxe…
¿Cómo sería a nosa vida se nos tocara de nacer nun país que aínda vive na prehistoria?

A alegría de ser una persoa amada, querida e respetada.
¡Cantas hai que sofren falta de amor!
¡Cantas hai que se senten discriminadas pola súa condición social, económica, cultural, relixiosa, ou doutra índole….

A alegría dun nacemento, un bautizo, unha comunión, una voda, o nacemento dun fogar...
¡Como se disfruta vendo aumenta-la familia!
¡Co importante que é a familia! ¡Co que tira o sangue!

A alegría dun progreso na súa vida: un exame superado, un amor conseguido, aquel emprego que tanto necesitaba, aquela visita tan esperada…

A alegría por una boa noticia: un fillo colocado, una efermidade curada, outro que saíu do bache no que se atopaba…
A alegría de vivir: ¡VIVIR! ¡VIVIR! ¡VIVIIIIR!
Mil e una alegrías que imos recibindo ó longo do día: un saúdo amable, un sorriso, un vaso de auga fresca nun día de calor, un mimo dunha persoa querida, una man amiga, a alegría de poder axudar a alguén, una festa do patrón, un cumpreanos, unha onomástica, una ordenación sacerdotal, a superación dunha proba importante, asistir a un convite dalguén que te aprecia, etc, etc.

Non soamente as alegrías que recibimos, senón tamén as que damos a outras persoas, que non sei ben cales cales son as que máis enriquecen.
Recibir é moi gratificante, pero dar non o é menos.
¿Non sente un pracer inmenso cando axuda a alguén a saír dunha situación difícil?
¡Canto pracer debe sentir aquela persoa que grazas á súa xenerosidade pode facer feliz a alguén!
A verdade é que eu experimento ese pracer cando son capaz de axudar a una persoa a saír da ignoracia, dunha situación crítica ou de calquera apuro.

Porque é ben certo que hai máis riqueza en dar que en recibir.
O que dá é porque ten, máis ou menos, pero ten. Porque ten ou porque é una persoa xenerosa.
Ter é unha riqueza, pero ser boa persoa aínda é máis enriquecedor.

Din que compartindo, multiplícase aquelo que se comparte. (Os cartos e os ben materiais, pode que non tanto, pero hai outras moitas cousas que se poden e se deben compartir
Por este motivo vou compartir con vostede algunha das moitas alegrías que estou experimentando nestes días porque quero ofrecerle o mellor do mellor a vostede que me está lendo:

Estou moi alegre porque me encontro dusfrutando dunhas merecidas vacacións na compañía de moi boas persoas.

Estou moi contenta porque teño boa saúde que me permite facer todo aquelo que considero oportuno e que está ó alcance das miñas posibilidades. Aquelo que é saudable para a miña saúde física, mental, emocional e espiritual. De todo un pouco.

Estou moi contenta porque teño moitos e moi bos amigos. Neste caso teño que dicir que me sinto moi afortunada. As amistades forman –en certo modo- parte do ser de cadaquén na vida de cada día.

Estou moi contenta porque coñezo a persoas estupendas. Persoas que –como di a canción- fan a vida moi agradable.
Estou moi contenta porque gozo dun clima moi axeitado para esta época do ano que me permite disfrutar do sol, do mar, da vida...

Estou moi contenta porque gozo dos bens que a nai natureza pon ó meu carón: alimentos, paisaxe e recursos humanos.

Estou moi contenta porque teño fe en min mesma, nas persoas coas que comparto o vivir de cada día e no meu Creador que sempre é providencial comigo.

Eu estou contenta e son feliz co que teño e sobre todo co que son e como son. (Esto aprendino da miña amiga de 98 anos que é das persoas con máis xovialidade das que eu trato).
¿Onde está o segredo? –preguntarase vostede.
Non hai segredos, respóndolle eu.
Só hai que disfrutar do que a vida nos vai dando e mostrar agradecemento co que nos dá.

Todos temos motivos para celebrar a alegría de vivir e ser felices porque a felicidade igual que a santidade, está ó alcance de todos, só depende da unidade de medida que cadaquén empregue para medir.

Hai una medida de alegría de vivir personalizada para cada persoa. Vostede ten a súa e eu teño a miña. Ninguén nos pode arrebatar a alegría de vivir se nós non lle deixamos.
É cuestión de mentalizarse.

Seguro que vostede o ten comprobado, e se non fora así, aínda está a tempo de saborear a alegría de vivir buscando recursos no baúl da súa mente e do seu corazón que seguramente terán moitos recunchos sen explorar.

Observe, por favor eses recunchos do seu corazón e da súa mente, verá como encontra moito futuro por descubrir como expresa unha adolescente no artigo da semana seguinte.

Os adolescentes tamén nos dan leccións, só hai que escoitalos e dedicarles tempo.

Eles precisan dos maiores para aprender da experiencia e as persoas entradas en idade, precisamos deles para recarga-las pilas e mirar ó futuro con ganas de disfrutar do pracer de vivir.
Graciñas por estar aí. Grazas de todo corazón.

O vindeiro xoves: “UNHA ADOLESCENTE EXPRÉSASE AS͔
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES