Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Meus amigos

lunes, 26 de diciembre de 2005
Meus amigos:

Preto de Vilalba, no río Trimaz, hai un lugar que lle chaman Pena do Encanto. Iso é: alí hai unha moza encantada que agarda un alento que a esperte e unha man que a poña en pe. Xa que era véspera do Natal, fun ate alí agardar a noite por ver se a lúa de decembro combinaba coa estrela do norte e alumeaban entrambas dúas aquela cariña que nunca me foi dado contemplar. E tampouco puido ser. Só cheguei con tempo para percibir o voo solemne dunha garza real que por alí, desde as alturas, mostra e protexe o misterio dunha esperanza que non se da cumprido. Eu ben sei que aquela ave non ten perigo de ser afectada pola gripe aviar, porque, tras das súas plumas, non hai carne de capón vilalbés senón poesía: ela é a poesía, camiño franco que conecta co cerne da vida sempre acochada no misterio. Pero, iso si, hai o risco de que un desaprehensivo dispare contra ela e asasine o cantar dos poetas. Entón xa non queda nada máis que unha sociedade enferma e uns rapaces a retratar unha mendiga á que lle puxeron lume, só por rir. Malia todo, eu aínda acredito na esperanza durmida na Pena do Encanto e na canción dos anxos en Belén. Gozade da vida en paz. É o meu desexo desde a incerteza.

Lugo, 23 decembro 2005
García Cendán, Bernardo
García Cendán, Bernardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES