Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moncho Valcarce: Merecido recoñecemento

lunes, 07 de julio de 2014
Un merecido recoñecemento

O pasado 29 de xuño tivo lugar no instituto das Pontes de García Rodríguez que leva o nome de Moncho Valcarce, a inauguración por parte do Grupo ecoloxista “Niño de Azor” dun busto dedicado a este sacerdote acompañado do texto: “iluminounos coa súa palabra, a súa humanidade e a súa dignidade”.
Moncho Valcarce: Merecido recoñecemento
Efectivamente, Moncho coa súa palabra lúcida, instrutiva,e clarificadora foi un excelso mestre para os alumnos deste instituto aos que lles deu clases e un entrañable compañeiro para os seus profesores. Pero non só senon que o seu atractivo vervo tamén mantívose a través das ondas radiofónicas na difusión da ecoloxía como alternativa dunha vida respectuosa co noso medio natural, xeito de conseguir unha existencia máis completa. Sen esquecer que tampouco tiña pelos na lingua cando tratábase de denunciar arroutadas caciquís ou asoballadoras cos máis indefensos, entón a súa palabra sempre agarimosa para o pobo acendiase, e neste caso non para iluminar senon para atizar aos imbéciles e escuros que dicía Pondal.

Por outra parte, Moncho enchía de humanidade. Alí onde ía desprendía humildade, obtiña o cariño e o respecto de quen lle rodeaba e neste caso foi nas Pontes e o seu pobo, a quen converteu na súa casa e na súa xente: “sempre atópome ben nas Pontes” dicía cando xa a enfermidade corroiao, e era a xente das Pontes quen lle daba ánimo que tanto agradecía.

A pesares do pouco tempo que a vida lle concedeu nesta vila, a súa relación foi tan intensa que comentaba no seu Diario “Collinlle agarimo á vila das Pontes; non é bonita segundo falan os de fora, debe asusta-la cheminea. A min gústame e considérome un pontés. Non sei se son un sentimentaloide pero collinlle cariño e fixen amigos”

Por último coa súa dignidade, mantivo un compromiso estrito cos seus principios tanto relixiosos como humanos cunha entrega absoluta na defensa dos máis débiles, dos máis necesitados, o que lle custou innumerables desgustos e sacrificios pero nunca recuou pasase o que pasara cando se trataba de pular polas causas xustas da súa Terra.

Moncho Valcarce, honrado polo instituto como un dos seus, coa súa presencia simbólica nesta estatua permanecerá sempre nos nosos corazóns, dos das Pontes e dos de Galiza enteira, porque foi un crego, un home, un galego exemplar.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES