Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O humor ferrolán

lunes, 16 de junio de 2014
O Club de Prensa de Ferrol deseñou para este ano (9, 10 e 11 de xullo) un Curso Gurméndez, moi á medida do propio decano da entidade, o escritor, debuxante e caricaturista, Siro López.

O humor é unha cousa moi seria, dixo Wenceslao Fernández Flórez que, por certo, se non é ferrolán de nacemento, si o era o seu pai, mentres que a súa avoa paterna era natural da parroquia ferrolá de Esmelle. Ademais, Wenceslao a principios do século pasado dirixiu con 18 anos o Diario ferrolano durante un cuadrienio e aquí ambientou as súas dúas novelas "La procesión de los días" (teño un exemplar orixinal, xentileza do documentalista e director do CGAI, Guillermo Escrigas, que mo cedeu da súa colección particular) e "Historia dun dipsómano".

Como do humor en xeral falarase por extenso na presente edición do curso, eu quédome co humor da casa, ou sexa, dos ferroláns. Será o propio Siro o que no número 1 de FerrolAnalisis (1990, director Germán Castro) faga unha revisión deste asunto.

Lembraba o prestixioso caricaturista aquela canción popular "Es en Ferrol donde reina la alegría, es en Ferrol donde reina el buen humor..." Tamén relacionaba a prensa de humor e satírica do último terzo do século XIX e principios do XX con cabeceiras como El entremés, La tranca, El ayo, Ferrol cómico, La chispa. Presentábanos así mesmo a autores e actores como Charlón e Hermida, situados nos anos 20 e 30 e ao chegar á personalidade de Gonzalo Torrente, Siro apuntaba "Un humor moito más refinado e sutil é o de Torrente Ballester e Wenceslao Fernández Flórez".

Citaba tamén naquel traballo ao escritor Xavier Alcalá e no nomeamento de escritores ou xornalistas que na súa produción recorrían ao humor, neste caso satírico, incluíu a Mario Couceiro (Marius) e encol do médico, escritor e poeta, naronés de adopción, coruñés de nacemento, Álvaro Paradela, precisaba que exhibía "un humor moi peculiar".

No apartado do humor gráfico citaba Siro, entre outros, a Armando Salas, pero, sobre todos, a Xaquín Marín e dicía "Os demais seguimos o maxisterio de Castelao ou nos deixabamos influenciar por La Codorniz, pero o humor de Marín é xenuinamente galego".

Para atopar outro humorista gráfico da zona como Marín, Siro López remontábase aos inicios do século pasado, con Juan Carlos Alonso, que dirixiu en Buenos Aires a revista Caras e Caretas. Alonso nacera en Ferrol no 1886. Antes citaba o decano do Club de Prensa a Álvaro Paradela. Pois ben, en "Diálogos con Álvaro Paradela. Ensaio, poesía e xornalismo" (Germán Castro, Documentos FerrolAnalisis, 2006), o médico e intelectual sinalaba "non percibo que en Ferrol haxa humorismo...Os humoristas de Ferrol son forasteiros de fóra (sic) porque penso que son sobriños da Codorniz", o que, polo menos en parte concorda co que precisaba Siro López.

No entanto, Paradela puña como exemplo do mellor humorismo ferrolán ao xornalista e poeta Mario Couceiro.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES