Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Censura Solapada

miércoles, 11 de junio de 2014
Desde o Preguntoiro: Censura Solapada


A historia volve a repetirse, case 40 anos da morte do ditador, volve a censura dos medios. Ante a abdicación do Rei, respírase a coacción e silenciar a palabra dos xornalistas... ¡ou tal vez non morreu nunca a censura!. Mostras as temos estes días con debuxantes da revista El Jueves e xornalistas de El Mundo que intentaron dicir o que moitos pensan.

Moitos xornalistas españois están a denunciar unha sistemática censura a favor da Casa Real; estes días nas portadas dos grandes xornais asemellaban ao NODO e a revistas de corazón, poucos destacaban as grandes manifestacións a favor do dereito a decidir do pobo español, cousa que case todos os medios de Europa daban as novas de máis de 40 cidades onde eran masivas as protestas na rúa.

É tanta a forza e o poder que teñen eses medios ao servizo das grandes corporacións e do poder corrupto, que da noxo observar como están a coartar esa rexeneración democrática que este país necesita e reclama. O que está a pasar estes días nas redaccións dos xornais ten que ser de mágoa para moitos xornalistas que aínda teñen ética profesional. Os debuxantes da revista satírica El Jueves, dixeron “non” á censura, fuxiron coa conciencia limpa, a ética, un futuro incerto e o bolso vacío. É unha magoa e da moito noxo que a liberdade de expresión dun xornalista sexa a cola do paro.

Non podemos tamén pedir valentes como os de El Jueves ou a Ana Romero do Mundo cando quixo escribir da Corinna amiga do Rei, e o director de El Mundo García Abadillo lle dixo: “...o quitas lo de Corinna o ahí tienes la puerta...” Por iso non se pode criticar aos que non se erguen contra ese poder, moitos son vítimas do capitalismo salvaxe que seguen tratando que isto cambie para non trocar nada, aínda que hai xornalistas que pelexan (no que poden) cada día ante esta censura solapada pola dignidade da profesión. Para eles vai o meu agradecemento, excluíndo a eses mercenarios do xornalismo que moitos coñecemos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES