Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cuñada do Pata Chula

lunes, 02 de junio de 2014
Ten unha cuñada Ovidio, o "Pata Chula", que é un prodixio de rnuller. Ela vale para todo e o Ovidio quérea moíto, porque cando el tivo o accidente de moto hai anos, que lle deixou a pata máis escarallada ca outro tanto, súa cuñada foi quen o sacou para diante. iAsí Deus me leve que se non é por ela, córtanlle a perna!

Ela coidou nel coma se fora unha monxa da caridade, e
non sei que demo Ile fixo naquela perna, que ó pouco ternpo
xa andaba que daba gloria velo, logo desta atención, cuns
andares ben asentados, que a xente deu en charnarlle de
mal nome "Pata Chula", e dende entón, xa se !le coñece
polo alcume.

Seíca a rapaza -que xa de rapaza non ten nada, pois
ha de ser máis ou menos do meu tempo- estudiou para
parteira, e agora se se tercia, tamén fai de veterinaria, de
compoñedora e máis de electricista, se fixera falla.

Din que antes de vir para aquí coa sa írmá, tivo aló onde
vivían unha tenda de animais, desas que venden paxaros,
tartarugas, cans e gatos e tamén ratos brancos que dá noxo
velos. E din tamén que pintaba os paxaros de cores para
que estiveran máis bonitos. Eu penso que é certo ¡que o
demo me leve!, e que aínda o segue a facer, porque un día
fun á súa casa e vin un paxaro nunha gaiola. que tiña toda
a pinta de ser un xílgaro, aínda que a súa cor fora a dun
papagaio ¡que morra se non o vin ... !

Pois esta muller, tacíalle os labores na casa a dona Pilar
do notario, que en paz estea. e polo visto, dona Pilar estaba
con ela que non sabía corno atoumiñala.

Dicíalle a quen quixera oíla, que nunca na súa vida
atopara unha muller rnáis disposta, trabalíadora, cariñosa e
simpática. Tíñao todo para ela, Ata o seu home, o notario,
queriaa coma se tose da familia, e estábaíle moí agradecido
porque lle fixo ela soíña unha operación.

Resulta que ó señor gustáballe rnoito ir ó monte acompanado do seu can, a mirar os lugares que tiña por alí, e máis a pasear por entre os plñeiros e as silveiras. Por iso, cando non chovía, collía o coche e aínda que fíxera ben frío non !le importaba. Como xa estaba xubiiado, non tiña outra cousa que facer, e así era o home máis feliz.

Pero un día, ó vir do seu paseo, dixo que lle molestaba
algo nas súas partes, e asustouse, porque ó mirar, veu
como un boliño que ó tocar, doíalle.

Non lle gustaba nada andar de médicos, e ía deixando así a cousa ata que as dores foron a máis, e sentía nas súas
partes un queimo de medo. Aínda que se asustou, non
quixo chamar ó médico, non fora a dicirlle que tiña algo ruín,
pois tocante a iso, el éralle moi «caqaina».

Dona Pilar contoulle o caso á Remedios de "Pata Chula", e ela, que é moí botada para diants, dixolle axiña ó notario ··co permiso da súa señora, por suposto- que fixera o favor de baixa-los calzóns e mostrarlle as suas partes, xa que non lías quería mostrar ó médico.

Ó primeiro, o home quedou de pedra, e ata houbo de se
escandalizar, pero despois, estivo a falar coa súa muller,
quen conssquiu convencelo. As¡ que moi sumisiño, con
bastante vergoña, mostroulle as súas partes a Remedios,
que ó velo fixo o sinai da cruz.

-¡Que me leve o demo se o que ten aquí non é para
morrer de risa! -dixo a rapaza dsspois de rniralo e máis de
palparlle o boiiño. Ai, se non o vexo non o creo ...

O notario, ao escoltar aquilo, xa se estaba a ofender, pois
non lIe gustaba que ninguén fixera chula del, e aínda non
lIe dera lempo a protestar, cando oiu á Remedios pedir!le a
dona Pilar se tiña unha lanceta ou un coitelo. ou melior
unhas pinzas. Entón dou un respingo e púxose de pé
encarándose con Remedios:

-¡Para, descarada! Aquí non fai falla capar nada.
Pensas que te vou deixar que me capes. Sal da miña casa
se non queres que chame ós gardas.

Remedios. apoiada poia súa ama, non lIe fixo caso, e
entre as dúas empuxárono para que sentara outra vez.

-¡Non poderedes comigo! -remexíase el no asento.
Estades confabuladas as dúas, rnais non poderedesi
-berraba o pobriño.

-¿Pero que di, señor? Vostede non sabe o que di. ..
Todo ísto é polo seu ben. así que déixenos facer, que nun
minuto está todo listo.

O «miñaxoia» do notario puxose máis pálido ca a morte ó
verse impotente oíndo falar a Remedios, e vendo que a súa
muller lIe daba a razón á rapaza.

Tampouco dona Pilar saía do seu pasmo, e sentía
«repeluxos- vendo o que vía e ollando o que lle facía
Remedios ó seu horne, que xa se dera por vencido. Cando
esta rematou o traballo e mostroulle a el o corpo do delito,
pensou morrer co arrepío. O que tiña dentro da pel o notario
era unha carracha noxenta, do tamaño dun escarabello,
que fora coller no monte entre as sílveiras.

Remedios, que xa lIes quitara moitas carrachas ós cans,
morría co riso, mesmo ó ver onde lIe dera ó becho por fixar
a súa residencia. Despois puxo alcol nun algodón e
desinfectou o burato que !le deixara a carracha.

Os gritos do notario coa comechón, din que se escoitaron
noutro planeta. Xa o poden irnaxinar. ¡concho!

O caso é que ó señor pasoulle todo e quedou tranquilo
e moi agradecido á Remedios, pois dicia que nunca a
obrígación lle pagaba.

.Pobriñol Ó pouco tempo morreu de pleuresía e dona
Pilar quedou soíña. El era a única familia que tiña, menos
mal que a aquela rapaza queríaa xa coma se fora do seu
propio sangue. i Moi aloumiñada estaba! Pero ... coidadiño,
ehi, que se unha era boa coa outra, a outra non o era menos,
¡non vaian pensar! Nunca unha mala herba houbo entre as
dúas, ata que un día Remedios, que falaba cun rapaz de por
alí, tivo con el unha pelexa, e non había quen a aturara
aqueles días.

Así que por desfogar con alquén, foi desfogar coa
señora, cande ista lle rnandou facer non sei que. Deulle
entón o «aquel», revirouse, e díxolle toda alterada:
-Mire, señora, déixeme en paz e vaia toca-los narices
a outro lado.

Dona Pilar quedou coma se lle deran unha labazada.
Nunca pensou que lle ía pasar aquilo con Remedios, e a
piques estivo de lle merca-lo pasaporte. Pero logo pensouno
rnellor, e coa mesma foi ó seu dormitorio, pechou a porta por
dentro, sentou no sofá, e aló solña estivo rnoito lempo
tocando os narices. Cando cansou de tocalos e quedou
tranquila, saiu coma se nada tivera pasado, e púxose a falar
con Remedios da telenovela.

E así rematou a liorta. As dúas volveron ser as de
semnpre, e ata que morreu dona Pilar. Hernedios culdouna
como está mandado. E miren que ben lle foi, que a vella
deixoulle todo o que tiña.

Despois, casou con aquel rapaz, e vive coma unha
señora. Ata leva sempre posto o abrigo de garras
que tamén herdou. E o ten ben merecido! si, señor ¡Que me
coma San Pedro se non é certol
Olavide, Maruxa
Olavide, Maruxa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES