Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Modais de concerto (II)

jueves, 22 de mayo de 2014
MODAIS DE CONCERTO: ¿PASADOS DE MODA?
PARTE 2: MÚSICOS


Unha guía [satírica] da etiqueta axeitada para os concertos


A presentación dos músicos é de gran importancia nun concerto de música clásica. O público espera estrito cumprimento das regras básicas, o que fai a experiencia do concerto máis agradable.

• A vestimenta do músico masculino debe adecuarse a unha das seguintes opcións:
a. Camisa branca, pantalón negro, zapatos e calcetíns negros, esmoquin negro, garavata de lazo negra.
Elementos opcionais inclúen unha faixa negra ou unha flor vermella no peto do peito.
b. Frac negro

• A vestimenta da artista feminina permite máis posibilidades de elección. Os vestidos das mulleres ten que ser longos, pero non moi axustados ou soltos. Saias longas son preferibles ás saias curtas, xa que o público debe estar atento á música e non a outros entretementos.

Excepcións:
• Os directores deben levar unha chaqueta negra sen colo.
• As mangas non se deben subir nunca.
• Ó chegar ó escenario, os músicos deben reverenciar ó público unha vez e tomar as súas posicións (Isto non se aplica ás orquestras; neste caso o director fai a reverencia despois da súa entrada, que será despois da entrada do concertino (ver abaixo). Se se quere, daráse unha breve introdución á peza, aínda que mellor sería incluíla no programa.
• En primerio lugar debe entrar ó escenario o concertino. De antemán, o vice-concertino está a afinar a orquestra, pedindo unha “La” do oboe (ou o concertino pode facelo despois de que eles empecen). Os directores deben entrar ó escenario a continuación.
• Despois da actuación, os músicos deben reverenciar en sincronía, e os directores ou acompañantes do sexo masculino darán un bico na man ós músicos do sexo feminino (só no caso de líderes de sección ou solistas). Os líderes de sección de orquestras recibirán unha aperta de man (ou bico, mencionado anteriormente) polo director.
• Os bises só serán concedidos tra-lo aplauso insistente do público, preferentemente despois de catro retornos ó escenario. Os bises non deben ser dados antes diso, xa que pode ser entendido pola audiencia como algo desesperado.
Bah.

Na maioría das situacións é un pouco aburrido para un artista ter que seguir estas normas. A continuación direivos o porqué.

Os músicos queremos esencialmente compartir. Adicamos unha gran parte das nosas vidas a iso. As actuacións son para compartir. Entón, ¿importa o vestido?, ¿importan a presentación, a sincronización e o tempo para dar un bis?. Si, pero non teñen que ser ollados con tal uniformidade ríxida e tradicionalismo conservador.

Eu gusto de ir a concertos e tocar neles. Están moi ben diseñados, por iso eu non estou tentando criticar tódala estructura tradicional.

Pero teño algunhas ideas que me gustaría propoñer.

A primeira é que os músicos deben usar vestimentas que sexan axeitadas para a ocasión, pero que tamén permitan algunha individualidade (en música de cámara e conxuntos menores, quizais) e comodidade. Pódovos dicir como violinista que non é cómodo tocar cunha garavata de lazo, por exemplo. Bótalle unha ollada ó que a Orquestra Sinfónica Alemana introduciu na súa serie de concertos informais:
Modais de concerto (II)
Iso gústame. Ensina ós músicos a ser máis humanos, máis accesibles. Ademais, o vestido tradicional dos concertos é simplemente o vestido elegante dende hai case cen anos. ¿Por qué non podemos usar roupa elegante dos nosos tempos en eventos musicais?

Saíndo rápidamente do tema da moda, a miña segunda proposta é que os artistas se involucren máis co público, e viceversa.

Converteuse en algo máis ben común que se fagan presentacións curtas sobre as pezas antes dos concertos. Pero ¿por qué non entre as pezas?, ¿e que hai de preguntas e respostas e mais da opinión do público?. Éstes poderían ser postos en práctica en concertos relaxados e máis informais.

Desafortunadamente, eu dubido que o concerto (como concepto) poida posibilitar estes niveis de interacción co público. As miñas suxerencias son idealistas e, probablemente, asumen un público perfecto, pero eu creo que poderían establecer unha gran diferencia con respecto á actualidade.

O que eu estou dicindo básicamente, é que os concertos teñen que impulsar máis a conexión entre o público e os músicos. Aínda que sexa só na estética, ou no nomeamento dun concerto como "informal", ou mesmo deixando de lado a palabra "concerto" e chamándoo calquera outra cousa.

Si, os concertos precisan de normas sociais, e non poden ser pura espontaneidade; non me interpretedes mal: gustanme os concertos máis ou menos como son. Pero eu creo que os artistas deben interactuar máis uns cos outros e tamén co público, do mesmo xeito que as persoas o fan en situacións sociais normais, a fin de facer deste un xénero de música máis vivo e accesible.

Para ver o blog na súa forma orixinal en inglés visita: http://theclassicalmusicplace.blogspot.co.uk/
Rodríguez Otero, Carlos
Rodríguez Otero, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES