Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas da idade

jueves, 22 de mayo de 2014
A idade é moi caprichosa.
Cando es neno estás desexando ser máior. Pensas que todos abusan de ti porque es pequeno e moitas veces tes ganas de rebelarte e dis cousas así:
-¿Cando serei maior?
-¿Cando me deixarán facer esto ou aquelo?
E ós irmás maiores dislles: ¿E ti sempre has de ser tantos anos maior que min?
E cando che responde afirmativamente, sentes ganas de que te trague a terra.

Cando chegas á adolescencia:
-No che gusta o teu pelo aínda que teñas moito e cun vigor extraordinario, non che gustan as túas mans aínda que sexan de pianista, non che gustan as túas espinillas aínda que sexa algo pasaxeiro, non che gusta que te encarrilen polo camiño axeitado, non che gusta o mundo no que vives...Tes unhas ganas enormes de patalear...
¡Mala sorte!
Non es consciente de que estás nunha etapa preciosísima da vida: medras dun tirón, tes o mellor tipo de toda a túa vida, as mans máis finas, o pelo máis precioso de cor natural a túa pel reloce como o sol.

Cando estás en plena XUVENTUDE, paréceche que vas comer o mundo porque ves que hai moitas cousas mal feitas. Comprobas que os teus antepasados cometeron moitos erros... Pensas que o mundo precisa sangue novo e tes moita razón; pero o que non sospeitas é que en menos de nada convertiraste nunha persoa adulta e comprobarás que non se poden facer milagres... porque a vida é dura para todos.
E convénceste de que -despois de loitar e loitar- algo mellorou a túa vida con relación á xeración anterior; pero a vida segue sendo imperfecta e a veces incluso chegas a convencerte de que:

-“O mundo sempre foi así e ha de seguir sendo”
-“Sempre houbo ricos e pobres e seguiraos habendo”
-“Hai quen di que o que fai a lei, fai a trampa”
-“Esta vida é moi inxusta”
-Etc.
Pero o que nunca podes facer é perde-lo ánimo e a esperanza nun mundo mellor; por algo te estás esforzando tanto, tanto...

E cando te dás conta, xa entraches na SENECTUDE.
¡Que axiña pasa o tempo!
¡Non somos nada!
Ves que o futuro se che fai cada vez máis corto.
Que as xeracións vindeiras levan outro rumbo.
Que a veces xa non entendes á xente nova.

LOITAR TANTO...¿PARA QUE?

Cando estabas en plena adolescencia non che gustaba o teu físico e agora tampouco porque empezan as limitacións.
¿Como pode ser eso?
¿A vida é complicada ou facémola aínda máis complicada?
Nesta etapa é vostede unha persoa que está máis ou menos rodeada de persoas con esta ou quela enfermidade. Teme ó cancro, teme ó alzheimer, teme ó parquinson, teme a soidade, teme...
Algunhas persoas queridas xa non están...

Desde a miña perpectiva dunha muller entrando na etapa senil, paréceme que o problema está en querer acelerar etapas.
Acelerámolas tanto que ás veces non as disfrutamos e pásasenos a vida nun abrir e cerra de ollos.

A vida é sen lugar a dúbidas o regalo máis grande que temos. Do que se trata é de aproveitala da mellor maneira posible.
¿Como?
Pois o ideal –ó meu modesto entender-, consistiría en vivir a tope cada unha das etapas que se nos regalan:

- A INFANCIA debería ser unha etapa cargada de afecto e alegría de vivir, onde nenos e nenas sentiran o afecto da familia e unha educación axeitada.
Pero:
¿Cantos nenos e cantas nenas ven violencia no seu propìo fogar?
¿Cantos nenos e cantas nenas reciben unha educación axeitada no seo familiar?
¿Que ven os nenos na televisón e na sociedade que os rodea?

Unhas veces porque non se sabe máis, outras por comodidade e outras porque como todos fan así...
Daquela os nenos e nenas quérense facer maiores antes de tempo. Non saborean en plenitude esta etapa da vida.
Din os psicólogos que hai que queimar cada unha das etapas, pero non sempre ocorre así.
Moitos nenos e nenas soportan un peso superior ás súas forzas debido á súa situación familiar e tamén á presión social.
E aínda que pareza mentira os nenos de hoxe en día tendo moitas cousas materiais e tamén moitos praceres, non son máis felices que os que nos tiñamos que inventar os xogos e os xoguetes.
Incluso hai noticias de que aumenta a depresión na etapa infantil. Esto xa son palabras maiores.

Algo importante está fallando que non alcanzamos ou non queremos ver.
Cadaquén pode sacar as súas propias conclusións según a súa situación persoal.

-Din que a ADOLESCENCIA é unha etapa complicada por eso de que as hormonas ....
Pero: ¿Non é algo natural?
¿Por que non falamos cos nosos adolescentes con claridade e naturalidade?
Se así o facemos, seguro que nolo agradecerán porque actualmente esta etapa tan importante da vida dunha persoa case a pasan por alto e a verdade é que aínda lles falta madurez para enfrontarse ás dificultades propias da etapa seguinte.
Observas como de nenos xa queren pasar a xoves porque eso de ser um adolescente xa lles dá certa categoría.
¡Miñas xoíñas! ¡Canto lles queda que madurar!

-A XUVENTUDE da actualidade alongouse no tempo porque hai quen di que non quere comprometerse.
Cónstame que hai moito xoves entregados, loitadores, cargados de bos propósitos que poñen moito empeño na construcción dun mundo mellor; pero temos que recoñecer que están pasando por unha mala racha económico-social que lles impide formar unha familia, crear o seu propìo niño, realizárense ...
Quizais esta sexa unha das razóns pola que non disfrutan plenamente esta etapa da vida aínda que aparentemente parece que viven a tope.
Algo se tería que resolver desde as altas esferas porque xa din alí: “Xuventude, divino tesouro”.
E os máis pesimistas falan dunha xeración perdida.
Esto debería preocuparnos e moito.

-Na idade ADULTA recae en boa medida o peso da sociedade; pero como a vida é moi dura; a moitas persoas resúltalles costa arriba e a veces séntense impotentes e abandoan o timón da vida familiar.
Esto supón moita inestabilidade familiar e social e cando ocorre, tampouco non se disfruta desta etapa como se merece.
Se a persoa aduta non está cómoda na súa situación actual, adoita ir de flor en flor e pásalle como a Melchor que cada vez vai a peor.

-E cando entramos na SENECTUDE:
¡Xa non quedan máis etapas!
As forzas van a menos.
A saúde vaise resentindo.
Os ingresos redúcense e en moitas ocasións, a vida social tamén.
Moitas persoas chegada a idade da xubilación, sofren un trauma porque non saben que facer coa súa vida. Outras que se encontran no caso contrario, sofren porque teñen que traballar por encima das súas posibilidades...
En fin... ¡Capricos que ten a vida!

¡Felices todas aquelas persoas que teñen a sorte de poder aproveitar plenamente cada etapa!
Porque a verdade é que todas son moi bonitas, todas teñen o seu encanto, de todas se pode aprender, en todas se pode compartir.

¡HAI TANTAS E TANTAS COUSAS BOAS PARA FACER!
¡HAI TANTO A QUEN AXUDAR..!

Felicito a todas aquelas persoas que sempre teñen un aliciente para seguir activas enriquecéndose persoal e socialmente.

No mundo hai sitio para todos e todos temos unha misión que cumprir independentemente da nosa situación económica, do noso estado de saúde, do noso oficio ou profesión, das nosas crenzas....
Os anos pasan pero a verdadeira idade lévase na mente.
Hai persoas con mentalidade moi xove que levan moitos anos peiteando canas.
Son dignas de admiración.
Eu admíroas plenamente.
Son aquelas persoas que souberon aproveitar cada etapa da vida porque non lles quedou tempo para pensar nos anos que levan ás costas.
Vostede tamén é unha desas persoas que sabe realizarse en cada etapa da súa vida. ¡Noraboa!
Merece unha vida plena porque leva unha vida PLENA.

Eu tamén intento aproveitar. Sempre me gustou aproveita-lo tempo e a verdade é que me sinto bastante ben comigo mesma.
Son unha persoa moi activa e disfruto do día a día con total normalidade e con moito entusiamo porque confío no “AGORA” e fago todo o que podo “AGORA” e mañá: “Deus dirá”
O artigo do vindeiro xoves titularase:

“ MAÑÁ, DEUS DIRÁ”

Graciñas por terme na súa consideración, nesta ocasión.
Non sei en que etapa da vida se encontra, pero o que si sei é que está vivindo da mellor maneira posible aproveitando canto máis pode.
Eu temén. ¿Por que non?
É o mellor que podemos facer.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES