Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre a Ignorancia

martes, 20 de mayo de 2014
A pesar de atoparnos plenamente inmersos na sociedade da información caracterizada entre outros aspectos por facilitar ó usuario o acceso á información e por extensión á cultura existe un fenómeno que inexplicablemente gaña adeptos día tras día e este é o da ignorancia. Como se dun mal crónico se tratase, a ignorancia sobrevive xeración tras xeración coas consecuencias negativas que isto supón para a nosa sociedade.

Aínda que son numerosos os rasgos e actitudes que nos poden alertar da presenza dun ignorante, existen unha serie de “mandamentos” que todo ignorante que se precie debe seguir con esmero e que a continuación paso a describir. O primeiro deles é a inflexibilidade e o fanatismo. É de sobra sabido que a apertura de mentes non é precisamente un dos fortes do individuo ignorante, posto que este síntese máis cómodo posicionándose firmemente nunha creencia, aínda que esta sexa prexuiciosa, e aferrándose a ela sen considerar outras opcións por interesantes que poidan parecer. Outro dos males que conforman o ADN do bo ingnorante é a súa incapacidade para detectar as súas limitacións, o que o leva a sobrevalorar as súas competencias e crerse poseedor de coñecementos e habilidades que en realidade están lonxe do seu alcance. Ó ignorante ocórrelle algo similar ó que lle sucedía ó protagonista do conto “O traxe novo do emperador”, no que o rei se paseaba orgulloso ante o seu pobo crendo vestir as máis elegantes teas e ignorando a crúa realidade que non era outra que o ridículo de pasearse espido ante os ollos de todo o su reino. Pois ben, do mesmo xeito o ignorante soe facer alarde alá por onde vai da súa suposta sabedoría cando en realidade non fai máis ca deixar constancia da mediocridade dos seus prexuízos e a súa falta de cultura.

Pero, se existe unha situación na que todo gran ignorante queda perfectamente retratado esa é a paternidade ou maternidade. Explícome, cando o ignorante se decide a ser pai ou nai a situación agrávase posto que neste novo contexto o individuo ou individuos pasan a facerse responsables da educación dun menor e en consecuencia a súa ignorancia porase de manifesto en todas aquelas actividades relacionadas co proceso de ensinanza-aprendizaxe. Como mostra, a relación familia-escola verase gravemente afectada cando os responsables do menor pertencen ó grupo dos ignorantes producíndose situacións do máis insólito. ¿Imaxina vostede que alguén totalmente alleo ó seu ámbito profesional se dirixe mañá ó seu posto de traballo e intenta darlle leccións de cómo debe desempeñar a súa labor? Aínda que lles resulte difícil de crer isto ocorre con bastante frecuencia no contexto escolar e a miúdo debemos facer fronte a aprendices de mestres, psicólogos ou pedagogos que pretenden asesorarnos sobre que estratexias debemos empregar na nosa práctica docente. Este tipo de actuacións, máis propias do festival do humor que dun entorno profesional coma o educativo, son ó meu modo de ver o maior mal do noso sistema educativo.

Ante este escuro panorama só se me ocorre unha posible solución e non é outra que procurar paliar os efectos da ignorancia cunha boa dose de cultura. Nunha entrevista recente Pérez Reverte afirmaba non ser seguidor de ningún partido político porque ten biblioteca na súa casa. Atopo interesante esta reflexión porque resume con gran acerto o poder da cultura como antídoto contra o pensamento dicotómico tan común no noso país e tan vinculado ó fenómeno da ignorancia. O problema radica en que, alomenos polo dagora, o “Sálvame” segue a ser para moitos o seu único referente literario, polo que só nos cabe agardar a que cheguen tempos mellores.
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES