Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha reflexión máis sobre a paz

lunes, 19 de mayo de 2014
A Paz significa harmonía, ausencia de conflito. Pero, onde está a harmonía? Hai conflitos por todas partes. Guerras, con miles de vidas truncadas e millóns de persoas desprazadas dos seus países e lugares de residencia, vivindo hacinadas en campos de refuxiados en condicións infrahumanas. Por que ocorren as guerras? Non son por motivos relixiosos, como nos queren facer crer. As guerras prodúcense por intereses económicos e de dominio dos territorios, codiciados pola súa riqueza en materias primas ou outros produtos. Aos que as provocan non lles importa a morte de miles de seres humanos nin a destrución de toda a súa forma de vida.

A parte das guerras, tantos millóns de persoas sobrevivindo, cada día, en condicións de auténtica miseria, sen o máis elemental para poder saír adiante: falta de alimentos, auga potable, saúde, educación, etc., etc. Tantas e tantas persoas desprazadas do seu medio porque as grandes multinacionais lles ocupan a súa terra para explotacións de agricultura industrial, que a eles non lles beneficia en nada, e por enriba, non son sostibles medioambientalmente. Mentres isto ocorre, miles de persoas morren de fame no mundo.

E aquí, arredor de nós. Non fai falta ir a África ou a outros lugares do terceiro mundo. Ben cerca, temos case seis millóns de parados. Miles de familias nas que na súa casa non entra un euro. Como se pode vivir desta maneira? Persoas que foron expulsadas dos seus fogares por non poder pagar a hipoteca. Xubilados con pensións de miseria que teñen que pagar os seus medicamentos e non teñen con que.

Por outro lado, están os amos do mundo, que seguen a amasar fortunas, fabricando os produtos que venden en países onde os traballadores e traballadoras viven unha auténtica escravitude. Despois, estes ricachóns danlle uns cantos millóns a algunha organización de caridade e xa lles queda “a conciencia tranquila”. Xa cumpriron. O que practica a caridade é o que comparte o que ten; non o que dá o que lle sobra.

Logo, temos os banqueiros, a troika, o fondo monetario internacional, o banco central europeo, os mercados, etc. En fin, o poder, que está provocando que a riqueza se concentre, cada vez máis, nuns poucos, e a inmensa maioría da poboación sexa cada día máis pobre.

Están tamén toda unha restra de corruptos que, co beneplácito do poder, amasan fortunas, malversando fondos públicos e outras lindezas. Estos son os que arruínan a economía, e non a xente normal que vive a diario do seu traballo.

E cando as persoas se manifestan para amosar a súa repulsa contra todos estes atropellos, dinlles que son violentos, case terroristas. A verdade é que non sei como non hai aínda máis conflitos. No fondo, é que somos xente de paz, e tamén que as familias, solidariamente, comparten o pouco que teñen cos seus fillos, netos e demais persoas necesitadas. Se non, a violencia xa estaría servida. Pois, se a xente é tratada con violencia polo poder, tamén responderá con violencia.

Non pode haber PAZ se non hai XUSTIZA. Polo tanto, procuremos a xustiza para termos a paz.

(Mª Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne).
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES