Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (8)

miércoles, 14 de mayo de 2014
Lourdes, experiencias contadas por ela


Lourdes era unha nena dunha familia boa, pero o pai non sabía levar ben o timón. Era boa persoa, pero pensaba que o que tiñan ía durar toda a vida. Lourdes tiña dous irmáns en Madrid. Vendo a vida como estaba, levárona con eles. Nisto, estalou a guerra civil. Fóronos trasladando ata Murcia. Logo, Valencia. Non sabían de seus pais nin dun irmán máis novo. Pasouno mal pensando neles. Estaba contenta con seus irmáns e cuñadas, pero seus pais estaban na súa querida Galicia.

Por fin, acabou a guerra. Ela quería volver. Tróuxoa unha irmá dunha cuñada. Cando chegaron á casa, seu irmán escapou para fóra da casa, ao ver a súa irmá con roupa nova e el todo remendado; ata se avergoñaba dela.

Lourdes xa tiña dezaoito anos. Mirando para aqueles pais pensou: “Eu non podo irme outra vez; teño que axudarlles”. Nunca fora sachar ás patacas, pero empezou ao lado de súa nai. Sacou a casa adiante.

Contábame que, cando era pequena, que lle axudaba a súa avoa e esta dicíalle: “Que mágoa que teñas un pai tan galopín”. Iso a ela non lle gustaba, pois o pai non os trataba mal, só que non traballaba nin sabía levar o goberno da casa. Xuntábase cos ricos. Estes sempre lles gustou vivir a conta dos pobres. Mentres Alonso tivo leiras, duraron as
amizades. Despois, acabáronse.

Tiñan un lugar cunha casa. Un día, ao anoitecer, a casa estaba hipotecada. Viñeron os novos donos e botáronos fóra. Na rúa, cos fillos, sen ter para onde ir... A tía Valentina, unha veciña acolleunos nunha pequena vivenda. Díxolles: “Non ides durmir fóra”. Era unha muller moi boa. Lourdes sempre a recordaba con moito cariño.

Lembranzas dunha vida (8)Logo, un tío que era cura, deulles unhas paredes. Alí medraron os fillos. Os maiores foron buscar vida por outraspartes de España. Lourdes, sendo nova, colleu o timón da casa. Xa moza, casou con Pedro do Regueiro. Traballaron moito. Amañaron a casa. Criaron dous fillos; ata lles deron estudos. Cando empezaban a vivir ben, Pedro enfermou e morreu. Lourdes dicía que, cando morre un membro do matrimonio, o outro queda na corda floxa.
Ela aínda viviu uns anos coa filla, en Ferrol. Alí, coñecémola mellor. Gustábame escoitala. Sabía moitas cousas. Tiña unha historia moi longa. Pero, aínda lle quedou por ver o que tanto desexaba: ver as súas netas coas carreiras acabadas. Pero, sempre nos queda moito por ver. Ela foi feliz, pois puido ver a súa familia no sitio que lle correspondía.

Un recordo para Lourdes, que tivemos a sorte de compartir os últimos anos da súa vida.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES