Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

MIHL: Clase de historia romana

martes, 13 de mayo de 2014
A cidade de Lugo sóbese ao carro da vangarda co novo Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), unha construción na que a súa propia estructura arquitectónica é unha obra de arte en sí mesma, que xa recibíu diversos premios.

Acompañounos na visita o Profesor Felipe Senén López quen nos introducíu en Lugo pola Avenida da Infanta Elena que aquel día andaba entre arandinos inaugurando “LAS EDADES DEL HOMBRE”.
MIHL: Clase de historia romana
Ó chegar ó lugar dos feitos atopámonos cun ediificio un tanto extraño para nós: unha construcción estilo deconstructivista ideado por dous arquitectos madrileños: Sovejano e Nieto que deron lugar a esta construcción subterránea da que tan só sobresaen varias estructuras cilíndricas de aceiro corten que se ve con relativa frecuencia en construccións de última xeración.

O acceso fixémolo a través duha relaxada escaleira en forma elicoidal que nos levou a un patio que me lembrou un anfiteatro romano escoltado por dous leóns fundidos en Sargadelos no ano 1809 que noutrora estiveran nunha fonte de Lugo capital. Tamén había varias obras de arte en vimbio que lle daban alegría ó lugar.

Visitamos unha exposición sobrem “SER MULLER EN ROMA”.

inscripción de Marco Poncio Caton: “TAN PRONTO COMO HAYAN EMPEZADO A SER IGUALES, SERÁN SUPERIORES”. Referíase ás mulleres.

Visionando diferentes paneis puidemos observar que só había noticias das mulleres ricas: matrona, os perfumes...

Pero tamén sabemos que a muller romana nos primeiros tempos da nosa era tiña dúas categorías ben diferenciadas: esposa e escrava e dentro das escravas, estaban tamén as prostitutas.

As esposas tamén acadaban esa categoría de diferente maneira según o tipo de matrimonio ó que tiveran acceso.

Casaban moi novas, ós trece anos, e según a súa categoría podían facelo dun ou doutro xeito:

-MATRIMONIO CUM MANU no que a muller ó casarse quedaba sometido á autoridade do marido e ó pai deste.

-MATRIMONIO COEMPTIO que era um matrimonio civil no que o marido mercaba a muller.

-MATRIMONIO USUS que se producía despois de que unha muller durmise un ano enteiro na casa do home.

Co parto, a muller adquiría certo prestixio e algunha autoridade; pero o marido podía divorciarse no caso de que non parira un neno.

No caso do divorcio eran os homes os quese quedaban cos fillos.

O matrimonio podía disolverse por varios motivos:

-Polo falecemento dun dos esposos.

-Por adulterio da esposa. (O esposo ....)

-Por privacidade de liberdade. (Eu non entendo que tipo de lierdades tiñan as mulleriñas daquel momento histórico)

-Pola perda de dereitos de cidadanía.

-Por mutuo acordo. (Menos mal se nalgún caso era así)

-Por repudiación dun deles.

-Por impotencia.

Cando a situación da muller no matrimonio era así, podemos facernos unha idea de cómo serían noutras unións lícitamente válidas:

-O concubinato.

-O matrimonio SENE CONNUBIO cando un deles carecía de cidadanía romana.

-O CONTUBERNIO que era o matrimonio entre esclavos ou entre un escravo e outro libre.

Tamén estaba recoñecida a PROSTITUCIÓN pero neste caso tamén era diferente según a clase social.

En contraposición estaba a figura da matrona.

Se ben é certo que a cultura romana estaba moi adiantada en según que cousas, tamén é certo que mentres non se lle dea a dignidade que se merece toda persoa sexa do sexo que sexa, non se pode falar dunha hummanidade civilizada.

A chegada do Cristianismo deu un xiro importante pero aínda lle falta moito para rematar. Desgraciadamante as noticias fálanos de moito sangue derramado que esperemos dea os seus froitos canto antes.

É unha asignatura que ten pendiente a humanidade coa muller.

No tocante á escritura, para quen tivera acceso á escola, facíase sobre táboas de cera

Noutro andar fomos vendo mostras da OLARÍA, a sixilata vermella do Ebro e Douro, un miliario que nos fala da fundación de Lucus, a construcción de Muralla con máis de oitenta cubos para vixiancia e catro portas, varias maquetas de Lugo antigo e do campamento romano, etc.

Así ata a chegada de SAN FROILÁN, que deu un xiro á cidade aló polo ano 900 e comezouse a construcción da actual catedral sobre outra construcción anterior que nos podería falar moito da civilización anterior, pero –de momento ímola deixar como está xa que é un dos poucos templos que teñen o privilexio de ter o Santísimo Exposto e de ter unha MURALLA catalogada como PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

A continuación puidemos observar como estaban preparando un escenario para a celebración dunha pasarela de moda que tería lugar no salón de actos situado na planta máis baixa.

Para finalizar a visita vimos a exposición “ENTRE SOÑOS E CORES” de CARLOS BÓVEDA nado en Ponte Cesures (Padrón) en 1933; que tivo ocasión de expoñer no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Pontevedra, no Museo de Belas Artes da Coruña, na Fundación Caixa Galícia e hoxe no MUSEO INTERACTIVO HISTÓRICO DE LUGO onde o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso puido disrutar tanto da pintura de Bóveda como das sabias explicacións do noso Profesor D Felipe Senén López.

A súa pintura ten moita similitude coa de Laxeiro, chegando a confundirse en moitas ocasións. Pinta esceas e paisaxes galegas:

“O home e o carro da Villa” “Parolando no patín” “Cruceiro e Ría”,
“A gaiteira anxelical”. “Don Ramón”, Etc


(Mercedes Cachaza Platas é alumna da Uned Senior e colaaboradora de Galicia Digital).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES