Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Modais de concerto (I)

viernes, 09 de mayo de 2014
MODAIS DE CONCERTO: ¿PASADOS DE MODA?
PARTE 1: ESPECTADORES


Unha guía [satírica] da etiqueta axeitada ós concertos


Antes do concerto:
- É totalmente inaceptable chegar ó lugar do concerto con roupa sucia ou vulgar. Un debe ter sempre moito coidado na presentación da súa persoa en ocasións formais, para non destacar no público, e para non mostrar unha visión desagradable para os outros espectadores.
- Chegar tarde a un concerto é de extrema grosería. Un debería chegar 10 minutos máis cedo, polo menos, para tomar un vaso de viño e socializar na caftería e para logo sentarse rapidamente no seu asento correspondente.
- Débese te-la atención especial de apagar tódolos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos, para non perturbar ós outros oíntes e arruinar o que é unha experiencia auditiva rigorosa e esixente.

Durante o concerto:
- Tamborilar, silbar e facer zumbidos queda estrictamente prohibido.
- A tose debe ser reservada ata o final dun movemento ou dunha peza.
- Non se permite beber nin comer.
- Saír do auditorio para ir ó baño é totalmente vergoñoso e unha falta de respecto ós compañeiros membros do público e ós artistas. Un breve descanso será dado para permitir tratar adecuadamente calquer inconvinte.

Existen regras ríxidas para as palmas durante pezas:
- As palmas só están permitidas despois do fin dunha peza (excepcións inclúen a ópera onde un pode aplaudir logo dunha aria ou logo de aparecer unha diva. Por suposto, un ten que esperar despois dun número triste para preservar a intimidade do momento [ver abaixo]).
- Un breve momento de silencio ten que seguir a un número triste, que debe durar entre tres e cinco segundos.
- O aplauso entre movementos é moi inapropiado (a excepción de na ópera, como anteriormente mencionado).
- As pezas musicais non poden ser interrompidas por palmas, especialmente cadenzas.
- Zapatear non se permite durante o aplauso final, xa que é unha exhibición bruta e incivilizada.
- As intérpretes femininas ten que ser chamadas "brava" durante a súa saída final ó escenario. Só os artistas do sexo masculino poderán ser chamados "bravo"; chamar a unha muller músico "bravo" é falta de respecto. Se se trata de máis dun músico deberá ser usado "bravi".
- Non se deben arroxar frores ó escenario.
- A petición dun bis non deberá realizarse ata a terceira aparición dun solista ou director. Tódolos intentos anteriores son prematuros.

¿Qué pensamos, pois?
Aínda que estiven esaxerando, moitas persoas realmente tratan os concertos coma ocasións fundamentalmente sociais con normas sociais, escritas sen coherencia. Eu espuxenvos todas estas "regras" e, a continuación, teño algunhas cousas que dicir sobre elas.

En primeiro lugar, imos recoñecer que todas non son parvadas. Apagar o teléfono, non aplaudir entre os movementos, esperar algo de tempo para bater palmas (¡aínda que non exactamente de tres a cinco segundos!) e non molestar na sala de concertos coa tose son expectativas razoables.
Modais de concerto (I)
Todo isto redúcese nunha premisa fundamental: os concertos son para escoitar música. As únicas "regras" (prefiro “directrices”) que se aplican son as que ten o propósito de crear unha experiencia mellor para todos.
Polo tanto, chamar a unha artista feminina "bravo", lanzar flores ó escenario, vestir con roupa informal, aplaudir entre movementos (isto é discutible), aplaudir despois de cadenzas, beber, tamborilar discretamente, zapatear durante aplausos e pedir un bis está ben.
Ou así debería ser.

Na maioría das salas de concertos, as directrices son simples: apagar os teléfonos, vestir roupa razoable, non perturbar ós outros membros do público e non facer fotos.
Isto é perfectamente aceptable. O problema é que hai un estigma social sobre os concertos clásicos, sobre todo entre os novatos deste mundo (non tiña que ser un mundo particular pero isto é para outra discusión) . Pregúntanse: "Hai un apertón de maos especial?" "Un aplauso especial?"...

Isto ten que parar. Os concertos en directo son eventos especiais e íntimos, e non podemos facer qua a xente non teña ganas de vir.
Modais de concerto (I)
Non te preocupes, non é necesario bater palmas dunha maneira especial.

Entón o que quero dicir, é que os concertos son simplemente eventos para escoitar. Se as regras non están relacionadas con isto, entón son inútiles e melindrosas. Nun mundo ideal, as regras cambiarían en tódalas esixentes salas de concerto de luxo. Pero, como iso non vai ocorrer axiña, creo que temos que tomar o asunto nas nosas propias mans, facendo que os concertos sexan máis accesibles.
Necesitamos comportarnos máis libremente nos nosos propios concertos, falar sobre isto cos nosos amigos, e expresar ista idea onde queira que imos.

En conclusión, queremos concertos modernos, amigables e vibrantes, como foron nos días de Mozart e Haydn.

E digo para iso Amén.

Para ver o blog na súa forma orixinal en inglés visita:
http://theclassicalmusicplace.blogspot.co.uk/
Rodríguez Otero, Carlos
Rodríguez Otero, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES