Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Discriminación: Máis do mesmo

miércoles, 02 de noviembre de 2005
Outro “día da discapacidade” e a discriminación continúa. Está tan arraigada que corre o risco de non ser percibida e considerarse como algo normal e natural que, sen darnos conta, escurece as posibilidades reais e vitais das persoas. Velaí algúns exemplos ilustrativos:
Baixo o ostentoso título “Dependencia e previsión social no século XXI” celébranse, en Madrid, unhas Xornadas sobre discapacidade organizadas por una Entidade financeira moi coñecida en toda Galicia. O lugar elixido é unha sala dun hotel con 8 escalóns cando un dos poñentes invitados vai en cadeira de rodas. Curiosamente, representando á Administración, tamén asiste a Secretaria de Estado de Servizos Sociais e Discapacidade. Membros da organización e do hotel dan por resposta que non se deron conta. Sen comentarios.

En Lugo, convócase a segunda edición dun Concurso fotográfico sobre “acertos e desastres arquitectónicos”. O obxectivo parece ser que é ver o que a xente valora como bo e como malo. A iniciativa non deixa de ser interesante, pero se se empeza por a casa. Non podemos esquecer que a Entidade promotora continúa con barreiras e non será porque non se lles lembrou por activa e por pasiva. Neste caso vai moi ben aquilo de que hai que predicar co exemplo.

No meu centro de traballo, toda unha Administración que non eliminou barreiras senón que aínda puxo máis. Pero podemos estar tranquilos porque hai o compromiso de eliminalas na segunda fase. De verdade que non lles esaxero. Estou a referirme a simples barreiras físicas. Os argumentos utilizados case mellor non llelos conto. Posiblemente non me crerían. Se unha obra se fai con barreiras estase obrigando a que haxa que eliminalas con posterioridade. Son as típicas obras abocadas á realización doutras. Haberá algún tipo de comisión? Non sei, non sei...

Vexamos que ocorre se temos a sorte de poder viaxar. Algo tan natural como resolver as necesidades fisiolóxicas pode converterse nunha odisea. Os poucos baños accesibles que se encontran, normalmente están pechados. Fíxense, a veces, coa desculpa de conservalos perfectamente. É de agradecer. Póñanse no caso de chegar con présa, ter que pedir unha chave e esperar como van pasando publicamente a orde ata que a atopan. Un pensa que está facendo algo raro. Segue viaxe e chega a unha gasolineira “autoservicio”. Non sei se isto representa moito avance, pero as persoas con certa discapacidade téñeno moi difícil. Empeza a tocar o claxon e alí non aparece ninguén. Sei de quen tivo que esperar ata unha hora. O mesmo pasa nos aparcamentos nos que hai que pagar en caixeiros que están a unha altura considerable. Pensar en mostradores de dobre altura facilitaría calquera consulta dun viaxeiro en cadeira de rodas, pero tampouco. Nas visitas aos monumentos, saca a entrada como calquera e, como a ninguén se lle ocorre dar información complementaria da accesibilidade, resulta que só pode ver algún lugar da planta baixa e todos tan tranquilos. Podería continuar...
Todas estas cousas pasan porque seguimos sen querer recoñecer que se están violando os nosos dereitos humanos e constitucionais. Máis que pensar en nós como cidadáns enfermos e dependentes hai que pensar nunha sociedade que non dá cabida a todos os seus membros. Que a celebración deste ano sirva para construír un mundo máis respectuoso coa diversidade. Por pedir que non quede.

Colectivo AdianteXá
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES