Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando Fraga se retire...

jueves, 01 de diciembre de 2005
Somos moi dados ó conformismo, ás situacións creadas, e observamos con temor calquera cambio posible. Así, durante anos, a dinámica madurez do Presidente Fraga tranquilizou a tódolos seus devotos pensando que canto máis durase na Presidencia da Xunta, máis anos de paz tiña o seu partido, e a mesma Galicia, xa que cando el desaparecese da escea política podería producirse unha hecatombe.

O mesmo Fraga non deixaba de participar neste mesmo "xogo", e as últimas veces xa se presentaba ás eleccións como un servicio ó partido e a Galicia.

A crenza xeral era que cando Fraga deixase de te-las rendas do partido, os baróns provinciais xogarían as súas cartas e combatirían ata a morte por unha primacía que na era Fraga era indiscutible. Pensábase que os detentadores do poder en cada provincia erixirían os seus territorios en reinos independentes na percura dun trunfo definitivo.

Pero, por políticos, intelixentes e veteranos, en vez de loitar xogan e ahí está o resultado que parece terá como lider a Núñez Feijoo, con Barreiro como segundo de a bordo. Co que se contentarán os xenoveses de Madrid á vez que os renovadores de acó.

Celebrada a primeira gran fase do relevo político de Fraga, a situación parece estar suficientemente clara con Núñez Feijoo arransando na Coruña, gañando amplamente en Pontevedra e, polo tanto, obtendo os favores de Baltar que só apoiará a Cuíña se obtén a maioría dos apoios pontevedreses.

Todo esto, nun Partido que non estaba afeito a estas movidas internas, que se está animando coa dinámica que impón o xogo político, e vive unhas "primarias" nun país que non sabe destes prolegómenos e onde todo se viña arreglando por aclamación despois dun proceso interno de cocción.

Fraga mantivo unido un Partido Popular, que foi e é a forza maioritaria de Galicia. Imponse que este proceso manteña aínda máis unido un grupo político que, ó perder o poder autonómico, podería correr perigo de desgaste e desunión.

Se o proceso se segue a levar con tento e se respectan os resultados democráticos, cando Fraga se retire non ten porque haber o máis mínimo trauma. E haberá sucesor elixido, non imposto ou designado como durante tanto tempo se especulou.

Galicia precisa un P.P. forte e cohesionado. Agardemos que este proceso garanta esa fortaleza e cohesión.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES