Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (5)

miércoles, 23 de abril de 2014
Vivencias, mirando á horta


Cando xa pasaron moitos anos, a xente pensa doutra maneira. Por exemplo, dunha horta con moitas árbores, cando se é novo, dise: “Que bonita está!”. Pero, se o dono ten moito vivido, e foina plantando, pouco a pouco, en cada curruncho ten recordos que non se borrarán. Esta planta foi dun irmán, aquela dun sobriño, un cuñado, un amigo...

Que bonito é ter tantos recordos xuntos! Algunhas roseiras xa teñen corenta anos, e están aí, e os que as plantaron xa se foron, pero os seus recordos saen en forma de rosas cada primavera.

As plantas transmiten algo que non sei explicar, pero que se sente. Quixera dicirlles a esa xuventude que se anime a mirar que fermosa é a nosa terra, pois os nosos fillos tiveron a sorte de nacer nun paraíso.
Eu xa son maior; setenta e tres anos son moitos, pero gústame a terra. Gústame tocala. Mirar como nacen as fabas é a recompensa que dá.
Estou escribindo desde a ventá. Vexo un montón de arbores. Parece que van a competencia: cerdeiras, pereiras, maceiras, laranxeiras. Todo son recordos, vivencias que che fan a vida máis levadeira. Recordo unha veciña que cando arrancaba as patacas, dáballes bicos. Naquel tempo, ter patacas era non pasar fame.

Ser vello é moi bonito. Tes moito tempo para recordar, aprender... Tamén algo para ensinar, aínda que aos novos parécelles que non. Pero, algo sempre vai quedando. A ver se, entre todos, podemos facer un mundo mellor.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES