Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lectura

lunes, 21 de abril de 2014
A importancia da lectura na formación intelectual e cívica do individuo è tal que fíxolle decir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino do século XIX: “cando escoito que unha persoa ten o hábito de ler, estou predisposto a pensar ben dela”.

Dase por aceptado que a lectura é porta á cultura, pois pode decirse que sen aquéla difícilmente se accede a ésta; daí que as institucións con responsabilidades neste eido, se afanen en artellar formas polas que achegar á cidadanía esa convicción e esa práctica.

Suponse que nese marco a concellería de Cultura de Foz organizara o Maratón de 24 horas de Lectura na vila, que durante varios anos celebrouse polo Día do Libro; iniclativa que, sen que se explicaran as causas, hai xa tempo foi suprimida. ¿Cansancio? ¿Falta de interese e, polo tanto, baixa participación ? Non sabemos; retirouse, e punto.

Unha interesante forma de promoción, e de disfrute dela, é a través dos “clubes de lectura”, que na nosa bisbarra funcionan en varios pobos, Foz entre eles; acaso sexa ésta, en aspectos, mais efectiva que o “maratón”, ó engadir matices que enriquecen a didáctica da lectura: o clube aglutina un grupo de persoas que len o mesmo libro. Xúntanse logo e, coa participación dun moderador, coméntano e debaten sobre o contido: argumento, estilo literario, acción, personaxes… que deriva a veces hacia outras apreciacións, porque “quen le moitos libros e non pensa sobre eles, é unha estantería”. Duas son as ventaxes da modalidade: tras a lectura persoal e íntima, compartir con outras persoas os análises e consideracións; son, pois, as ventaxes do “traballo en equipo”, ao que somos pouco dados. Na medida do posible os clubes procuran a presenza nas xuntanzas do autor do libro motivo de análise, o que engade especial interese e atractivo.

Alguen dixo que analfabeto non é o que non sabe ler, senon o que sabendo, non le. O vindeiro mércores é o “Día do Libro”. Unha forma axeitada de celebralo podería ser lendo estes días un a maiores...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES