Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sr. Hernando 'El Ilustrado'

jueves, 17 de abril de 2014
Desde o Preguntoiro: Sr. Hernando “El Ilustrado”

O 14 de abril en moitos pobos e cidades e redes sociais deste país , amañeceu coa bandeiras republicanas e pola tarde con manifestacións a favor da República. Porén, o portavoz adxunto do Congreso Rafael Hernando ese mesmo día comentou: “...la bandera republicana es ilegal y quieren retroceder al país a los años treinta...”.
O Sr. Hernando está nun posto no Parlamento de grande responsabilidade e non para botar a lingua a pastar. Este señor tiña que saber e ler a Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, onde di que a bandeira é legal, se non o sabe, ou é un inconsciente ou un listillo manipulador.
Fala de que se quere volver aos anos 30, coido que tampouco decatouse das leis retrógradas que sacan acotío os seus compañeiros de partido e de Goberno. ¿Quen quere retroceder aos anos 30?.
Cada día somos máis as persoas conscientes de que o actual estado caducou. Unha grande parte do que se fixo polo réxime de 1978, está resultando ser un engano, desde a Constitución, onde case ren cúmprese e o sistema electoral, así como un xefe de estado que está ao carón das oligarquías nun continuado saqueo ao pobo español.
Por si tamén non o sabe este señor, (quizais non foi á clase cando tocaba este tema) direille que a bandeira republicana é a bandeira dun goberno democrático legalmente elixido polo pobo, a ilegal é esa bandeira do “aguilucho”que foi imposta pola forza das armas e pola razón da forza ao mando dun “salvador” de patrias. Agora este señor permítese o luxo de dar leccións de ética e falarnos de que imos coa bandeira ao pasado, cando estes mesmos que falan comungan todos os días cunha igrexa retrógrada, insistindo e darnos leccións de democracia.
Que unha bandeira que non está vixente, non significa que sexa ilegal señor Hernando o “Ilustrado”.

“Caminante no hay camino, se hace camino al andar /
Caminante no hay camino, sino estelas en la mar.”

Do grande poeta republicano Antonio Machado.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES