Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non toquedes aos nenos!

miércoles, 16 de abril de 2014
Téñoo dito algunhas veces: Se non tivera que darlle de comer aos meus fillos ou aos meus netos, non sería responsable dos meus actos. Se non tivese ao alcance das miñas mans os recursos mínimos para atender ás mínimas necesidades da miña familia, “responda el cielo y no yo”, que proclamaba Zorrilla por boca de don Juan Tenorio.

E entendo que coma min pensarán os pais e avós galegos que non poden darlle o desaiuno aos seus nenos antes de mandalos ao colexio; o 22% das familias de Galicia que, segundo Cáritas, viven en situación de pobreza. Máis de oitenta mil nenos galegos viven na pobreza; trinta mil fogares galegos non teñen ningún ingreso; o panorama é demoedor nun momento en que se nos sigue a falar de brotes verdes, de que o crédito comeza a fluir, de que diminúe o paro e aumentan as contratacións.

Non chegan as informacións oficiais a ser música celestial ou cantos de sereas, pero o que está claro é que pode o goberno conter a inflación ata o punto de estar en perigo de deflación; pode conter o déficit público de xeito que Europa estea satisfeita; moderar a prima de risco ata un nivel que mellore a dos Usa americanos, e conseguir que a bolsa suba dos dez mil cincocentos puntos... pode o goberno ter solucionado o problema dos bancos, preocuparse pola saúde das grandes empresas, e facer que as grandes cifras das contas públicas non renxan á hora de presentalas nas instancias correspondentes. Pero os dous gobernos – este e o anterior- destruíron este país, a súa economía, e a súa sociedade; barreron dun plumazo a nosa ilusión e a nosa fe no futuro; aniquilaron os nosos aforros e investimentos; deixáronnos tristes, nús e mudos. E os nosos nenos –un número importante de nenos galegos- teñen fame.

Xa que non vos enteredes de nada, permitídenos un consello: non nos toquedes aos nenos, que vai ser peor para vós. E se queredes unha referencia, lede a Cabanillas: Galicia, “teus bravos fillos que fan / en que pensan, onde están / que agarrándose aos fouciños / e botándose aos camiños / a redimirte non van”. Hoxe xa non hai fouciños, tal vos cadra. Pero non sigades tensando na corda.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES