Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da pobreza á exclusión social

miércoles, 09 de abril de 2014
O número de pobres evidentemente é un dato estatístico, pero ese dato reflicte uns efectos sociais devastadores cando resulta demasiado alto.

Que España sexa o segundo país europeo con maior pobreza infantil semella coherente en relación á cantidade de pobreza que contén, pois a pobreza enxendra máis pobreza. Calcúlase que o 21% das persoas viven no albor da pobreza polo tanto é lóxico que o 30% sexan nenos. Os fillos dos pobres son a continuidade dos seus país. A miseria transmítese xeracionalmente con toda a súa problemática de carencia de cartos, de vivenda, de saúde, de cultura, de formación, de información e por suposto nos fillos de absentismo e fracaso escolar, medrando na inadaptación, na anomia e na desviación de condutas.

A pobreza cambia as relación sociais e familiares. As mulleres son as que primeiro engrosan o paro, as que máis sofren a explotación, as dificultades formativas, o illamento social. As situacións familiares na pobreza fanse insostenibles emerxendo as rupturas, as separacións e a monoparentalidade feminina con fillos a cargo.

A pobreza empobrece o seu o contorno, xurden os barrios de lata ou as infravivendas, o urbanismo foxe destas zonas para afundilas nuns guetos de miseria. As empresas , negocios, tendas , centros de vida social desaparecen para dar paso á desolación social. En definitiva, a marxinación apodérase destes espazos, e cando iso ocorre, cando as persoas son abandonadas a súa sorte, alleas totalmente aos beneficios do sistema, entón penétrase xa no mundo da exclusión social no que xa non hai solución porque a sociedade normalizada xa non lles serve para nada, nela atopanse perdidos, non a controlan fronte ao seu mundo marxinal que si controlan perfectamente e onde, paradoxalmente, síntense máis seguros diante a inseguridadade dunha sociedade que os rexeita.

Chegados a esta situación límite o único que lles queda e recorrer a formas de sobrevivencia propias da inadaptación, e aquí é onde aparece o verdadeiro perigo para a cohesión social dunha Comunidade, que si pensaba que a pobreza era cousa dos pobres empeza a decatarse que o problema aféctalle tamén a ela, porque o seu mundo marxinal incrustado no seu mundo normalizado condiciona a súa integración, a súa prosperidade e acción democrática de xeito que pode transformalo nunha sociedade desestruturada, amedrentada, nunha sociedade falida. Ollemos simplemente para algúns lugares latinoamericanos.

Por iso, atallar a tempo a pobreza, envorcándose sobre todo na prevención, é fundamental, porque unha vez cronificada e atrapada na exclusión pouco remedio queda.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES