Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acordo

martes, 01 de abril de 2014
Teño 69 anos e acordo moitas cousas.

Tiña 9 anos cando fun á escola por primeira vez, e despois ía un día e quedaba dous porque eramos tres para ir, e os nosos pais facían o que podían; o que si nos daban era moito cariño que era o que tiñan. Tiñamos que axudarlles a traballar; 13 anos tiñan meus irmaos cando foron a Castilla, ían segar e atar o trigo e a cebada. Os cartos que ganaban cando chegaban dábanllo ós nosos pais e despois eles comprábannos a roupa para ir á festa do patrón e mais unha bicicleta.

Para comprar tiñamos que ir ás feiras ás Pontes andando, que eran 15 quilómetros para ir e outros tantos para vir para casa cargados coas cousas que compraramos para traer. Cando eramos rapaces duns 15 e 16 anos as veces deixábannos ir a algún baile que había por alí cerca, e cando chovía levabamos zocas e cando non chovía se nos deixaban levabamos zapatos. No baile tocaban un acordeón ou había tocadiscos.

Cando morría alguén había que velalo na casa e había que cocer o pan para levar despois nas cestas para comer no enterro mais queixo fresco.
Os defuntos había que levalos a ombros porque non había carreteras para andar o coche fúnebre e as caixas había que facelas nas casas ou ir por elas ás Pontes nunha besta porque non había en que traelas; e despois o que había os tractores traíanse nel. Nalgún enterro había que andar 4 e 5 quilómetros ou mais coma os de Santaballa.

Meus pis traballaron moito. A miña nai era costureira e antes de casar andaba a coser polas casas; cando se casou de día traballaba no campo e de noite facía a roupa pos fillos e po noso pai. Os calcetíns facíaos de lá de ovella; primeiro rapaba as ovellas, escarpeaba a la, fiaba e despois calcetaba os calcetíns. O meu pai de día tamén traballaba no campo e de noite facía cestos para ir vendelos as feiras que había nas Pontes, que había que ir a pé, e en Villalba que había que andar 8 ou 9 quilómetros para coller o coche e ía a feira, ata alí os cestos había que levalos ó lombo.

Si unha persoa enfermaba había que levala nunha camilla ou nunha besta si se aguantaba nela. Eu acórdome de miña nai que cando meu irmao mais novo naceu votou tres días de parto.

Nas casas non había habitacións nin servicios, había que ir “tras dos toxos”. Cando alguén se casaba tiña que levarlle ó cura un par de queixos e ovos; eu tiven que levarllos cando me casei.

Había moitos oficios: costureiras, tecelanas, carpinteiros, zoqueiros, cesteiros, ferreiros, carreiros, canteiros e moi bos músicos e serradores.
Martínez Pico, Oliva
Martínez Pico, Oliva


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES