Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (1)

miércoles, 26 de marzo de 2014
As confesións dunha nena contadas, despois, por unha muller de 70 anos

Cando eramos pequenos, parece ser que todo era pecado. Cando chegaba o Precepto, que adoitaba ser antes da Pascua, pois, na Coresma, tiñamos que facer xexún.
Lembranzas dunha vida (1)Non se podía comer carne; só os que pagaban a Bula tiñan permiso para comela. E os máis desfavorecidos non tiñan que comer nin tiñan con que comprar o permiso.

Os ovos habíaos que levar ao crego. O matrimonio tiña que entregar 15 ovos. Sendo eu unha rapaza, morreu meu irmán, que estaba casado na casa. Tiña dous nenos e os nosos pais xa eran vellos. Pero, a viúva tiña que levar 8 ovos. Seguro que os avós non habían de comer moitos.

Ben, falando da confesión, eramos dúas amigas. Resulta que uns veciños que, logo, serían os sogros desa nena (que, agora, aos 70 anos escribe isto) tiñan un xardín ao lado da casa, e nel tiñan unhas rosiñas que nos gustaban moito, pero que non nos atreviamos a pedirllas, pois nós queriamos plantalas. Se llas pediramos, daríannolas.

Un domingo, ao anoitecer, collemos un par de plantas, e iamos moi contentas. Pero, cando chegou o día da Confesión, para min foi moi duro ter que confesalo. Non sei como lle iría a miña amiga, pero a min custoume moito. Só foi recompensado co chocolate que nos daba miña nai ao saír da igrexa, despois do Precepto, que era confesar e comungar.


("Do libro LEMBRANZAS DUNHA VIDA")
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES