Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Policía de Santiago: Conducta exemplar

jueves, 13 de marzo de 2014
Segurísimo que hai moitas actuacióas así de exemplares e moito máis exemplares aínda de tantas que fai a policía ó largo e ancho de España tódolos días do ano.
E non só en España...

¿E que decir da Interpol?

Pero como para mostra basta un botón, intentarei explicar un feito ocorrido o sábado día 8 de febreiro de 2014 na capital de Galicia.

Unha amiga foi a Santiago para participar nunha reunión de traballo.
Aparcou o seu coche correctamente e foise ó lugar dos feitos. Ata aquí, todo según tiña previsto.
Do que non se decatou a miña amiga foi de que deixou a xaneliña do coche aberta cun portátil e algunhas pertenzas máis á vista e ó alcance de calquera que quixera apropiarse do alleo.

Quixo a Providencia que pasara polo lugar unha patrulla da policía local de Santiago quen viu a xaneliña aberta, as pertenzas á vista e imaxinou o que podería ocorrer de non ser pola súa sabia e moi eficaz intervención.

Para poder localizar á dona do coche mirou se había algún documento que tivera algún dato sobre a mesma.
Encontrouse cunha circular dunha asociación á que pertence a interesada. Na circular figuraban dous teléfonos, o da presidenta e o do secretario da devandita asociación.

Acto seguido chamou á presidenta, á que non puido localizar porque non estaba en disposición de recibi-la chamada.
A continuación conseguíu comunicar co secretario que estaba estreando o seu cargo e –despois de acreditarse telefonicamente- puxo toda a maquinaria en marcha para poder informar á dona do coche da situación na que se encontraban as súas pertenzas.

O secretario, lixeiro como un raio, revisou na documentación da asociación e chamou á interesada; pero...

¡Mala sorte!

Contestáronlle que aquel número de teléfono non existía.
Era certo porque, efectivamente tiña un díxito equivocado.

Ó non poder contactar con ela chamou á presidenta da asociación para preguntar se tiña o telefono da interesada neste asunto.
Pero esta tampouco puido cotestarlle a ningunha das sete chamadas que este secretario eficiente fixo porque non levara o teléfono con ela.

¡Que mal empezo! -pensaría o novo secretario.
Tanto traballo para nada...¿Onde andará esa xentiña?

Cando xa contaba coa batalla perdida, consegui localizar á vicepresidenta da asociación; quen si lle contestou pero ó recibi-la noticia case lle dá un infarto porque é unha persoa hiper-sensible e ademais moi amiga da dona do coche en cuestión.

Esta con máis nervios que outra cousa, chamou e chamou e volveu a chamar á amiga sen conseguir conectar con ela porque a interesada estaba nunha reunión de traballo co telefono en silencio.

Desesperada, intenta conectar co marido da mesma para ver se el podía conectar coa súa amada esposa porque tiña as súas pretenzas en perigo de desaparecer por arte de maxia.
Pero...
¡Outra vaca no millo!
O que menos se imaxinaba era que este señor se encontraban en Islandia por motivos de traballo.

Como vostede pode imaxinar o marido ó enterarse da noticia levou un susto maiúsculo.
Se estivera cerca, podía acercarse a rescata-lo coche e mailas pretenzas; pero desde Islandia…

¡Non gañamos para sustos! –pensaría el.

Pero esto aínda non foi o peor.

O peor foi que intentou conectar coa súa esposa e tampouco puído localizala polos motivos que xa expuxen anteriormente.

¡Problemas que ten a vida!
¡Momentos de tensión!

Rabia, desesperación, impotencia…

Pero...a policía é moi sabia e tamén moi eficiente.
Non sei como nin como non deu coa interesada quen se mostrou gratamente sorprendida e –como vostede pode imaxinar- sumamente agradecida.

Horas despois aínda non podía conte-la emoción por un feito que de ser intencionado, moi ben podería se-lo argumento dunha película.

Grazas a esta acción exemplar da policía que se mantivo ó pé do cañón e tamén en contacto constante co secretario da asociación para telo informado de cada paso do proceso ata confirmar que que por fin tódolos esforzos deran bo resultado.

A dona do coche fora localizada e as súas pertenzas mellor custodiadas que nunca por unha patrulla policial.

Unha actuación exemplar da Policía Local de Santiago, igual que a que levarían a cabo outros moitos axentes en alquera outro lugar do mundo mundial.
Unha de tantas que se darán cada día para demostrar a eficacia e malila necesidade da súa misión.

Estes casos deberían ter máis eco nos medios de comunicación social porque cando as noticias son de otra índole, ben tinta que se gasta en comunicalas.

A policía sabe poñer multas e actuar con contundencia cando non queda outro remedio pero tamén ten bo corazón e gran sentido da responsabilidade, como queda demostrado.

Son persoas tan sensibles e de tan bo corazón como as de calquera outra profesión.

Lástima que en moitas ocasións tan só valoremos o lado negativo da vida destes profesionais, sabendo que son os nosos anxos da garda en multitude de ocasións.

Igualmente quedou demostrada a boa coordinación entre os membros da asociación á que pertence a citada señora, que unha vez máis tiveron ocasión de comprobar o nivel de interrelación que existe entre os asociados e o gozo que se comparte cando podemos axudar a resolver situacións embarazosas entre os membros da mesma.

É moi gratificante sentirse integrado nun grupo que te respalda, te apoia e che axuda en todo canto pode.
Din alí que a unión fai a forza.
Neste caso a eficacia da policiá e a coordinación entre os membros dunha asociación deron lugar a esta noticia tan gratificante como inesperada.

Sirvan estas palabras de agradecemento a todos cantas persoas colaboran en resolver problemas e facer a vida máis levadeira creando un mundo fraternal e feliz.
Con persoas así dá gusto.

Se o considera oportuno, saiba que o artigo do vindeiro xoves titúlase: “OPORTUNIDADES”, que poden ser moitas máis se as circunstancias o aconsellan.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES