Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Aleluia! Sr. Gallardón

jueves, 13 de marzo de 2014
Desde o Preguntoiro: ¡Aleluia! Sr. Gallardón

O ministro Gallardón impón que os obreiros despedidos paguen por recorrer, ou sexa, segue adiante en contra do Tribunal Supremo. Todas as medidas que este home vai tomando van dirixidas a espremer aos traballadores impedindo que podamos defendernos.

Gallardón, intenta roubar aos roubados, son medidas que está tomando intentando que a xustiza non sexa igual para todos, só para a elite que poidan pagar a bos avogados. Este home é unha máquina de fabricar inxustizas, cobrar a parados, indultar a corruptos e para máis carallo, facer unha lei do aborto que nos leva a tempos cavernícolas. Quixera saber se a solicitude de indultos a corruptos da banca e do PP é gratis.

Todo está moi claro e o que non o ve está cego ou faise o cego. Hai unha ideoloxía social (para a maioría) e outra para o poder do capital (para a elite). Estou a falar de ideoloxías non de partidos, a súa misantropía é consciente e elixida, pode ser que actúe impelido polo seu desprezo aos pobres.

O Ministro, tardou, pero quitouse esa máscara de “progre”: mansedume cos ricos, rexeite e man dura co pobo, insensibilidade, podremia e unha total falta de empatía. Todo iso lle súa os sobacos ao Sr. Ministro, que máis lle da, o domingo a confesar ir á misa e a gañarse o ceo, todos os pecados xa están perdoados... Aleluia.

Este verso que vai a continuación pertence ao amigo Xesús Rábade do seu libro “Sobre Ruínas”. Verso do poema: "Palabra alzada en Armas" que dedícollo ao Sr. Ministro con moito “agarimo” neste tempo de derrotas, pero con pouco de submisión e moito de combate,
Á cúpula blindada dos ladróns das finanzas/ ministros disfrazados/ de lacaios de banca vergonzantes/ aos gobernos rendidos que protexen aos capos/ e poñen na indixencia a quen lles paga/ a quen tan ben lles paga, aplaude e vota.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES