Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No día da Muller traballadora

miércoles, 12 de marzo de 2014
O día da muller traballadora non ten que ser só o 8 de marzo, senón os 365 días do ano. Xa sabemos todos que, cando se lle dedica un día a algunha causa, é porque non está sendo tratada con xusticia.
No día da Muller traballadora
A muller traballadora non é soamente aquela que desempeña a súa actividade fóra da súa casa; é tamén a que, desde primeiras horas da mañá, traballa sen descanso no seu fogar para sacar a súa familia adiante, e facendo malabarismos para que lle cadren as contas, e aos seus non lles falte o máis indispensable. Por enriba, a estas mulleres, chamadas “amas de casa”, ningunha institución lles recoñece oficialmente o seu traballo, nin cotizan á Seguridade Social, nin teñen dereito a unha pensión. Por esta situación, aos poderosos debíalles caer a cara de vergonza.

No día da Muller traballadoraE se carecen do recoñecemento das institucións, moitas veces, desgraciadamente, tamén lles falta o apoio da súa familia, especialmente da súa parella. Expresións tan desafortunadas como: “E ti, que fas todo o día?” “Quen trae o pan á casa son eu”, están á orde do día.

Por outra banda, as poucas mulleres que consiguen un traballo fóra da súa casa teñen que desempeñar unha dobre xornada laboral, dentro e fóra do seu fogar. E sofren, ademais, outra descriminación, que, realizando a mesma actividade que os seus compañeiros varóns, reciben un salario inferior.

E xa non falemos de determinados empresarios, que se negan a contratar mulleres porque van estar embarazadas, van ter permiso de maternidade, van ter que faltar ao traballo por ter algún neno enfermo, etc. Sen recoñecer todos os beneficios que a maternidade e a crianza dos fillos aporta á sociedade.

E que dicir de todas as mulleres do terceiro mundo, que, moitas veces, elas soas sacan aos seus fillos adiante, en condicións infrahumanas, de falta de hixiene, de educación, de sanidade e de todos os recursos mínimos necesarios para ter unha vida digna. Ademais, os problemas de pobreza extrema que sofren moitos millóns de persoas no mundo, afectan, especialmente, ás mulleres.

Esta situación cambiaría se viviramos nun mundo máis xusto que, como non existe, é unha meta que temos que alcanzar entre todos e todas. Se o conseguiramos, xa non teriamos que celebrar máis o día da muller traballadora, pois os seus dereitos seríanlle recoñecidos todo o ano.

(Mª Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne).
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES