Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maravalleiros na política

miércoles, 12 de marzo de 2014
A auga pingona, métese máis para dentro que se escapa para fóra. Vilalba ten un serio problema, un auditorio sen teito e un goberno sen resposta. Chove por dentro, diso xa fai moito tempo, sen que aos políticos nada lles importe.

O edificio, a obra emblemática daqueles ilustres políticos da Vila, saíu viciada, mal proxectada e peor construida. Nela enterraron millóns de euros dos contribuíntes, vaidosos cortaron a cinta na súa inauguración, arrastrándose polo voto coma raposos cheirando os ovos nos poleiros.
Pero non ía pasar moito tempo en apareceren os primeiros e serios problemas construtivos - o peor para un edificio é que se lle meta a auga pola cuberta- deixando en evidencia a nefasta xestión na execución do proxecto. Provocando danos no interior de altísimo custo de reparación e impedindo o normal desenvolvementos das actividades no seu interior.

Porén, os actuais gobernantes non foron quen de solucionar polo menos as pingueiras, evitando así que se estivesen ata hoxe deteriorando seriamente partes da edificación. O desleixo, é tan manifesto que deixa ver con claridade que nada lles importa o debido mantemento do patrimonio edificado do concello, pois, isto xa avén de vello, tempo tiveron de solucionar as filtracións da cuberta.

Son agora os veciños, os que saen a rúa, en son de paz, pero con música enfurecida, esixíndolles aos inectos gobernantes que fagan algo, que non deixen caer a cachos, como xa está pasando en parte do inmoble. Ende mal, eles, -os políticos- coma candeas apagadas, puxéronse diante dos manifestantes coa cara de pedra, sen aportar a máis mínima solución -seguro que non a teñen-.

A Chaira, anda metida nunha profunda decadencia económica, as cousas pintan feas, crávannos con impostos… E o único que vemos, é que o diñeiro vai parar non sabemos moi ben a onde, -o que é evidente, é que cada día temos peores servizos, peores asistencias sociais…- administrados por istos e outros políticos ineficientes, que están danando seriamente os intereses colectivos.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES