Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os sucesos do 72 en Ferrol

martes, 11 de marzo de 2014
A data do 10 de marzo en Ferrol, particularmente, pero tamén en Galicia e España, incluso con gran repercusión internacional, foi, é e será indeleble. Dramática para dous obreiros da antiga Empresa Nacional Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla, que en 1972, cúmprense corenta e dous anos, caeron mortalmente feridos polas balas da policía franquista, cando, xunto cos seus compañeiros, manifestábanse polas rúas e avenidas de Ferrol.

Tráxica data tamén para as familias que perdían aos seus seres queridos e para traballadores e cidadáns en xeral que, inmediatamente, responderon co silencio e a inactividade industrial e comercial, protagonizando unha folga xeral como contestación á aberrante represión.

O persoal, que se mobilizaba por cuestións de índole laboral, quería abrirse paso cara á factoría de Astano co obxectivo de convidar ós operarios daquela empresa, a que se unisen á súa protesta. No intento produciuse un acalorado enfrontamento, coa inesperada resposta dos "grises" que utilizaron balas asasinas para frear a marcha dos obreiros, con resultado de dous mortos e numerosos feridos. Os nomes de Amador e Daniel quedaron prendidos para sempre da memoria colectiva. Por mor deste conflito e ante a represión desatada contra os dirixentes laborais, moitos traballadores fuxiron cara a Francia, onde se exiliaron, outros foron encarcerados e, obviamente, despedidos, no afán da ditadura de lograr desta maneira o descabezamento do movemento obreiro ferrolán.

Na transición se desagraviaría a estes loitadores, permitíndolles o retorno ao seu país a uns e quedando en liberdade os outros, mentres que todos foron reincorporados aos seus postos de traballo na Bazán, hoxe Navantia. Desde entón, Amador e Daniel son o símbolo dun sacrificio na defensa dos dereitos laborais e das liberdades democráticas, xa que sectores importantes do proletariado aliñábanse naquel momento na loita antifascista, animados pola clandestina Comisións Obreiras e o tamén ilegal Partido Comunista, que lideraba Santiago Carrillo desde o exilio en París.

Hoxe, ao conmemorar "os sucesos do 72" lembramos a Amador e Daniel, expresamos o alento e a solidariedade para as súas familias e lamentamos que, precisamente, todas aquelas conquistas sociais e laborais quedaran desactivadas baixo as razóns dunha crise que, sen comela nin bebela, estamos a pagar todos os asalariados.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES