Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De xeonllos

miércoles, 05 de marzo de 2014
Cativos da corrupción, poñen ás costas a imaxe dunha obra lonxana como emblema do seu honor. Aférranse a aquela imaxe, con uñas e dentes. Na foto saen refulxentes agochándose das súas cotiás corruptelas encadeadas no seu desenvovemento laboral profesional, estendidas ao seu cargo político.

Eu coñecín algúns honorables, mais tamén, un deles alcalde da capital dunha provincia, na súa labor política e tamén como alto funcionario, adicábase á especulación inmobiliaria, cobro de comisións por obras públicas…, entre outras linduras vergoñentas.

Os anos -xa moitos- foron pasando, pero, eu non esquezo aquel home, agochado no seu coche oficial, mentres o seu “peón” -técnico de grao superior- lle supervisaba a dirección técnica de obras, en contratos públicos nos que el andaba metendo o nariz, pero sen dar a cara, por sérenlle incompatibles.

Si, a min cónstame que aquel “señor” non era trigo limpo, como recibía no seu despacho a empresarios de obras relacionadas coas estradas, contratistas de obras públicas que tiñamos que dobregarnos diante das súas esixencias e pagarlle o tributo en forma de comisións millonarias para poder seguir coa nosa actividade empresarial.

Vin como aquela serpente velenosa, se arrastraba sixilosa metendo o aguillón por entre os recunchos máis insospeitabels, tentando engulir calquera contrato privado ou público, relacionado co seu cargo como funcionario ou como alcalde. Poñendo todas as trabas posibles a quen del dependía dalgunha maneira.

Isto veume ao maxín, porque istos días lin na prensa como certo individuo sae do letargo corrupto, amosándose inocente das acusacións que lle fixeron por ter presuntamente participado en feitos delictivos.

Eu, sufridor directo da presión sufrida por políticos, non podo crer que sexan inocentes aqueles que ao final saíron ou saían aubsotos pola xustiza. A min, iso só me di, que non se lles puideron probar suficientemente os feitos dos que se lles acusaba, -sen probas, non hai condena- pero, quédame a dúbida fundada, se de verdade non se mollaran.

Fai pouco, lin unha nova, na que aquela serpente velenosa, aparecía gabándose da súa traxectoria, -xa moi longa- diante da imaxe dunha obra pola que el dicía sentirse orgulloso. -que noxo me deu ao mirar a merda que escondía aquela fotografía. Lendo aquilo, acertei, en que non todos os ladróns son pillados no allo, pero, tamén tiven claro que algunhas veces non é menos ladrón aquel que tivo a sorte de saír libre dunha imputación delictiva. Mais aínda, poñen logo a sentenza como escudo da súa honorabilidade. O único espeto que lles queda para aferrarse.

Seguramente, istes monstros, na súa conciencia arrastrarán ata a sepultura o lastre tormentoso polo que se andiveron enfouzando, sen a máis mínima posibilidade de liberarse. Sabedores que de xeonllos rendirán conta diante de Deus, cumprindo a derradeira sentenza, firme e de culpabilidade.

Pobres misérrimos, sinto mágoa por eles.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES