Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora imos de medallas

miércoles, 26 de febrero de 2014
Desde o Preguntoiro

O ministro do Interior concede a medalla de ouro ao mérito policial á Virxe do Amor. Se o Ilustrísimo Sr. don Ramón José Simón del Valle-Inclán Peña, erguera da súa tumba a cabeza, unha de dúas, ou lle daba un “patatús” o descojonabase de risa.

Que unha institución dea unha medalla a unha figura inanimada, ilustra moi ben que clase de gobernantes temos neste país de pandeiro. ¿Que clase de sector social é capaz de soster esta postura de alucine?. Este espantallo ministerial non encaixa co aconfesional do Estado que declara a Constitución. Carta Magna que considera este goberno como papel mollado que fainos recuar a tempos de séculos pasados.

Nun estado moderno, os símbolos e dogmas de fe dunha relixión, só existen na conciencia de aquel que libremente a exerce, non para un Estado que considérase aconfesional por lei. Xa estou vendo nun tempo non moi afastado nos consellos de ministros ao titular de Interior co brazo incorrupto de Santa Teresa, á Bañez coa virxe do Rocío e ao final ollaremos ao “salvador da patria” entrar baixo palio.

Cando vin a nova pola caixa parva alucinei, pensando se estaba vendo o NODO ou era todo ficción cunha doses de surrealismo. Esta xente está perdendo o norte, da a sensación de que poden estar “chalados”; é incrible que teñamos que soportar tanta “caspa”. Que pensarán de nós os países do noso entorno europeo, se facemos un esforzo en ler e pensalo ben, é para sentirnos avergoñados destes chafallas.

Aquí ten outra de ficción e surrealismo o Jordi Évole para outra reportaxe: mercarlle á Virxe un traxe de “poli” para a procesión, co seu casco en vez da coroa, a súa porra e unha pistola no lugar de pulseiras e aneles, as salvas con pelotas de goma e por se acaso un chaleco antibalas.

Esta nova esperpéntica de “marca España” xa está nos xornais estranxeiros.........Eu xa non estou, non son español, fuxín a mercar tabaco ao estanco e non sei cando........volverei.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES