Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No ano 1972...

lunes, 24 de febrero de 2014
No ano 1972 -vai xa para 42 anos-, sendo alcalde de Celanova Juan Luís Cardero Álvarez, as oficinas municipais do convento celanovés recibiron un escrito asinado polo delegado provincial do Ministerio de Información e Turismo, onde reproducía oficio do Director General de Empresas y Actividades Turísticas, que dicía o seguinte:

"A efectos de inventario general y con el fin de estudiar la posibilidad de montar en el futuro nuevos Paradores, Albergues, Mesones u otros Establecimientos turísticos, ruego a V.I., por orden del Sr. Ministro (Alfredo Sanchez Bella), que informe a este Centro Director sobre la existencia en su provincia de edificios propiedad del Estado y de los Ayuntamientos, ocupados bajo cualquier título por los mismos, susceptibles de servir para estos fines", resolvendo ademais que, "dicha información deberá venir acompañada de todos los datos útiles a los fines que se persiguen, tales como propietario u ocupantes, planos, situación, valor histórico-artístico-monumental, fecha de construcción..."

Loxicamente, perante o interese da proposta, a resposta non se fixo agardar e malia que Juan Luís Cardero non estaba naqueles días á fronte do municipio, con data 7 de novembro o alcalde en funcións, Emilio Álvarez Torres, contestou o que segue:

"La villa de Celanova es un conjunto histórico y monumental muy importante, con un inmenso edificio como es el edificio conventual de San Rosendo, el cual su transformación en Parador Nacional de Turismo sería visto con buenos ojos por el pueblo y comarca de Celanova, es propiedad municipal, hoy ocupado por el Auxilio Social, dedicado a enseñanza y con el nombre de Hogar San Rosendo"...

O texto continúa facendo referencia a outros edificios coma o antigo "Hospital San Carlos" -hoxe residencia da terceira idade-, ademais do "castillo medieval de Villanova dos Infantes", e aínda que a súa redacción é manifestamente mellorable, deixa perfectamente á luz a evidente dimensión da oportunidade que naquel intre viron pasar por diante da súa porta os responsables municipais.

Loxicamente, descoñezo cales foron as razóns polas que finalmente o Ministerio non pousaría a súa mirada neste edificio e o "tren" do turismo non faría parada e fonda "onde máis tépedo é o vento que a terra galega azouta", que diría Curros Enríquez.

Como pode comprender, benquerido lector, volvín hoxe sobre eses documentos ó ler con grande envexa (sería hipócrita se non o dixese e cínico se estivese calado) cómo a acrópole medieval de Monterrei si vai gozar do sino que se lle resiste historicamente á miña vila. Porque, cadaquén que pense o que queira, pero eu estou seguro de que "a miña patria primordial" sería ben diferente se hai 42 anos o "Sr. Ministro" pousase o dedo inversor -como non pousou- sobre Celanova.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES