Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sopragaitas da política

viernes, 21 de febrero de 2014
A Xunta de Galicia, vén de aprobar definitvamente a delimitación do núcleo rural de Lamas en Becerreá. Non sen antes, ser parte no noxento espectáculo causado coa pretensión da derruba da vivenda dun dos veciños. Impulsada pola APLU, oa servizo de non sei que intereses. Logo de ver que agora a infracción xa non é tal, e vai en vía de solución, queda claro que fan e desfán por onde lles peta, segundo de onde lles sopra o ar.

Os acaldes, cómplices de toda a desfeita urbanística rural, miraron para outro lado, mesmo aconsellándolles aos habitantes do rural que construíran sen máis, é dicir, sen proyectos, sen licenzas, sen cumprir uns mínimos acordes coa arquitectura tradicional. Pasando de todo, sen tan sequera planificar urbanísticamento o solo.

Agora apúntanse ao carro, gabándose de seren áxiles na tramitación. Pois, non fixeron máis nada, que cumpriren coa súas responsabilidades, tarde e mal. Meteron no lío, primeiro aos veciños, impedindo que arruinaran ao propietario do inmoble, que puxera nel todos os seus recursos, crebando as costas caéndolle o suor do fronte; garda civil, xustiza…, ata conseguir o cabreo do pobo en xeral, que xa anda farto de tanta lindura.

Vanlle pagar agora o dano moral, e devolverle os cartos das multas ao dono da vivenda?. Aquí niguén dos responsables vai poñer un can, só novas cruzadas na prensa atribuíndose o mérito. Sinxelamente dan noxo, dá a sensación que na política vele todo, que nela está metido o desperdicio fedento, que quere vendernos a moto.

E aos que xa lles tiraron a súa casa, deixándoos na miseria?. É que isos, non tiveran a sorte de teren o apoio inconcicional dos seus veciños para impedilo, ou non lles caían simpáticos?. Vimos que estes mesmos famentos pasaron de todo, cómprices da ruina de moitas familias, por non teren cumprido a tempo coas súas obrigas.

Pero, como van facelo?. Carentes da máis mínima formación, guiados soamente polo interese do voto, condicionados pola súa manifesta ineptitude, -por riba, percibindo por elo soldos e dietas pouco ou nada acordes coa súa aportación ao interese xeral dos seus administrados-.

Mal andamos con istos gobernándonos. Ende ben, que cada día abrimos máis a pestana e, pouco a pouco seremos quen de mandar ao vertedoiro tanto lixo.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES