Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amores duradeiros, amores efémeros

viernes, 14 de febrero de 2014
Hai santos / santas ben milagreiros, eles, curan aos enfermos, fan que os crentes os admiren con devoción…, pero, o máis milagreiro de todos é o noso querido San Valentín. El teno ben merecido, sen dúbida.

Nada máis chegar o mes de febreiro andamos todos a falar del, que se unha rosa, que se un perfume…, unha braga vermella…, pero, ao santo ninguén lle poñemos unha limosna no peto ou un ramo de flores no altar para que o cheiro lle alegre o día.

De repente, todos nos sentimos namorados, aínda que algunhos nin tan sequera teñamos parella con que compartir o amor. Hai quen se namora do gato, do can, do paxaro que o esperta cantándolle de mañanciña…, da muller do veciño, aínda que sexa só no seu maxín…

Si, istos días falamos moito do santo, pero, mentres tanto, o noso sentimento vai por dentro; andamos co corazón aberto, pensando na persoa, ou no “gato” ao que amamos tanto. Moito de facundia e pouco de sentimento sincero…, o caso é aparentalo, deixar que siga o conto, que o día chegue pronto, para xuntarnos con quen máis amamos.

Eu, non son moi dado a regalar rosas polo San Valentín, murchánse moi axiña e con elas esváese o “amor efémero” que con aroma de rosa, dura menos ca unha bolboreta no tecido dunha araña. Tampouco a prenda vermella me gusta como regalo, deixa o corpo moi espido…si, moi atractivo…, pero, deixa pasar o frío e con el o amor pode sentirse ferido.

A min gústame máis regalarlle unha mirada sincera…, compartir con ela a ilusión do día…, dicirlle sen fantasías o que sente o meu corazón…, recibila cunha aperta acendida en calor, sen esquecerme dela, despidila con amor…

Pois nada, con rosas o usen elas, que cada quen faga polo seu amor, o mellor que lle pidan os seus sentimentos, que o comparta con lealdade…, que lle dure ata o infinito.
Puente Rico, Amador
Puente Rico, Amador


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES